Archives byagosto, 2008

Festas Barrio de Monte Alto 2008

Por fin chegou o momento de presentar o cartaz das festas do Barrio de Monte Alto para este ano 2008. Cunha programación que mestura a diversión co coñecemento. Amenizada por diferentes estilos musicais que van dende o folk tradicional galego ata o Ska, Reggae, Fusión ou os ritmos tropicáis. Todo de balde e cuns precios de barra totalmente populares.

Cando? Pois o vindeiro 6 de setembro. Onde? Pola mañá no entorno da Torre de Hércules e pola tarde no Campo de Marte do barrio obreiro de Monte Alto. Quen? A Asociación de Veciños Monte Alto - Atochas - Torre de Hércules en colaboración co Centro Social Autoxestionado Atreu, a Concellaría de Cultura, a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a Concellaría de Deportes, Caixanova e Estrela Galiza. A que hora? A partires das 10 da mañá ata ben entrada a noite.

Bombas de palenque, gaiteiros, xuventude, deportes, comida, bebida, contracultura, obradoiros, verbena, música tradicional, música do Senegal, ska, reggae, fusión e ritmos tropicáis no noso barrio e para toda a xente que se queira achegar.

Tamén poderedes mercar as nosas camisolas especiáis da festa no posto da Asociación de Veciños:

· Nota: Podes ver o cartaz pulsando sobre a imaxe do mesmo.

· MySpace Banda Potemkin

· MySpace Dandy Fever

Comentarios

Venres 29: Festa solidaria co proxecto cimitarra colombia

O venres haberá diversas actividades de difusión e colaboración co proxecto cimitarra (http://www.proyectocimitarra.org). Este é o programa do día:

· 14.00: comida familiar

· 16.00: Obradoiro “Dinámicas de autoxestión da saúde”

· 19.00; Proxección do vídeo Proxecto Cimitarra 2007

· 19.30: Charla-Debate

· 21.00: Concerto a cargo de:

+ Chotokoeu

+ DuploSon

~ Colaboración: 3 euros ~

· Enderezo Casa das Atochas: Rúa Atocha Alta, nº 14

· Blogue: http://aculturapreokupa.blogaliza.org/

Comentarios

Mañá, xoves 28: Danza contemporánea

A partires das 21.00 de mañá, xoves 28 de agosto, terán un espectáculo de danza, en colaboración co colectivo Olho Livre. Estas son as actuacións do día:

  • “Sue Moreno = my name is” (7 min aprox.)
  • “Descarriadas (estracto)” (23 min aprox.), de Ángela Blanco
  • “Shure PG-48″ (14 min aprox.), de Caterina Varela

· Enderezo Casa das Atochas: Rúa Atocha Alta, nº 14

· Blogue: http://aculturapreokupa.blogaliza.org/

Comentarios

O Celga 3 na Asociación de Veciños de Monte Alto

O Celga 3 terá lugar na Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (Campo de Marte-Biblioteca Pública). A data de comezo será o xoves 25 de setembro e desenvolverase os luns, martes, mércores e venres, das 19.00 ás 21.30 h.

Máis información na nosa páxina especial de Cursos de Galego

Comentarios

Obradoiros de interculturalidade e lingua dirixidos a inmigrantes

Os Obradoiros de interculturalidade e lingua dirixidos a inmigrantes, de 20 horas de duración, realizaranse todos os sábados, de 12.00 a 14.00 h, nos locais da Asociación AMESPA (r. Ramón Cabanillas 2, entrechán A). Comezarán o 20 de setembro. Para se inscribiren, poden chamar ao Servizo de Normalización do Concello (981 184 259) ou a AMESPA (881 912 349). Estes obradoiros consisten nunhas nocións moi básicas de galego, ademais dun achegamento a cuestións básicas non só da nosa cultura, senón tamén do funcionamento na Administración pública galega.

Comentarios

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de galego

Ofértanse 150 prazas para preparar os diferentes niveis de galego (Celga 1, 2, 3 e 4), así como para os Obradoiros de interculturalidade e lingua dirixidos a inmigrantes. Para conseguir máis información, poden chamar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello (981 184 259).

_e(’Ler o resto desta anotación »’)

Comentarios

Actividades LSO Atochas

Rúa Atocha Alta, nº 14

- Hoxe, luns 25 a partires das 18.00 da tarde, obradoiro de malabares e as 20.30 Asamblea da Casa.

- Mañá, martes 26 a partires das 21.30 da noite, proxectarán o documental:

DON´T LOOK BACK
(Estados Unidos, 1965)
Dirección: D. A. Pennebaker. Duración: 96 minutos.

_e(’Ler o resto desta anotación »’)

Comentarios

El entorno de la plaza de España vivirá una jornada festiva llena de actividades

· Fonte: O Ideal Galego

El sábado 6 de septiembre, Monte Alto celebra las fiestas del barrio con una jornada que vendrá cargada de actividades y que, además, contará con diversas actuaciones.De esta forma, el programa diseñado por la asociación de vecinos y las diferentes entidades colaboradoras, entre las que destacan las concejalías de Deportes, Cultura y Juventud, arrancará por la mañana y no finalizará hasta bien entrada la madrugada. El inicio de los festejos lo pondrá el lanzamiento de bombas de palenque desde la explanada de la sede de la asociación de vecinos, en el Campo de Marte, a las diez de la mañana.

_e(’Ler o resto desta anotación »’)

Comentarios

Proxección no LSO Atochas

Hoxe se proxectará no LSO Atochas (Rúa Atocha Alta, nº 14) a película “La Niña Santa” de Lucrecia Martel.

LA NIÑA SANTA
(Arxentina, 2004)
Dirección e guión: Lucrecia Martel. Duración: 106 minutos.
É inverno na cidade de La Ciénaga. Despois dos ensaios de coro as rapazas reúnense na igrexa a discutir temas doctrinarios. Por eses días as conversacións xiran en torno á vocación. Que quere Deus de mín? Como distinguir entre a tentación do Demo e o chamado de Deus? As adolescentes Amalia e Josefina, cando non participan acaloradamente da discusión, falan en secreto dos besos con lingua. Segunda longametraxze da arxentina Lucrecia Martel, logo da demoledora e maxistral “La ciénaga”, producida por Pedro Almodóvar.

Comentarios

Reunión da Asociación de Veciños de Monte Alto co grupo municipal do BNG

A Comisión de urbanismo da Asociación de Veciños De Monte Alto reunirase en breves días co grupo municipal do BNG a fin de tratar sobre a proposta de “PERI” que os nacionalistas teñen para o Barrio De Monte Alto, así como tamén para afrontar os excesos constructivos no Barrio.

_e(’Ler o resto desta anotación »’)

Comentarios

« Previous Entries