Festas Barrio de Monte Alto 2008

Por fin chegou o momento de presentar o cartaz das festas do Barrio de Monte Alto para este ano 2008. Cunha programación que mestura a diversión co coñecemento. Amenizada por diferentes estilos musicais que van dende o folk tradicional galego ata o Ska, Reggae, Fusión ou os ritmos tropicáis. Todo de balde e cuns precios de barra totalmente populares.

Cando? Pois o vindeiro 6 de setembro. Onde? Pola mañá no entorno da Torre de Hércules e pola tarde no Campo de Marte do barrio obreiro de Monte Alto. Quen? A Asociación de Veciños Monte Alto – Atochas – Torre de Hércules en colaboración co Centro Social Autoxestionado Atreu, a Concellaría de Cultura, a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a Concellaría de Deportes, Caixanova e Estrela Galiza. A que hora? A partires das 10 da mañá ata ben entrada a noite.

Bombas de palenque, gaiteiros, xuventude, deportes, comida, bebida, contracultura, obradoiros, verbena, música tradicional, música do Senegal, ska, reggae, fusión e ritmos tropicáis no noso barrio e para toda a xente que se queira achegar.

Tamén poderedes mercar as nosas camisolas especiáis da festa no posto da Asociación de Veciños:

· Nota: Podes ver o cartaz pulsando sobre a imaxe do mesmo.

· MySpace Banda Potemkin

· MySpace Dandy Fever

Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp