O tranvía número 4 de Monte Alto
Onte aparecía no xornal de “La Voz de Galicia” o seguinte recorte que facía referencia ao noso barrio:
Curiosamente hoxe en día o autobús número 4 percorre o mesmo traxecto que no seu día facía o antigo tranvía.
Onte aparecía no xornal de “La Voz de Galicia” o seguinte recorte que facía referencia ao noso barrio:
Curiosamente hoxe en día o autobús número 4 percorre o mesmo traxecto que no seu día facía o antigo tranvía.
Monte Alto xa dispón dunha televisión en línea onde poder ver todos aqueles documentos de video que fagan referencia de maneira directa ou indirecta ao noso barrio. Esperamos que vos goste.
*Tanto a velocidade de carga da canle coma a calidade no visionado dependerán da túa velocidade de conexión. (Sé paciente se tarda en cargar).
**Con esta ferramenta temos a posibilidade de emitir imaxes en directo (webcam, etc.), cando así sexa, aparecerá por aquí debaixo un “LIVE” de cor vermella. Mentres tanto, emisión continua de vídeos grabados.
Gracias a Osmallos.es pola idea.
· Hora: 21.00 horas
· Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
· Enderezo: Rúa Atocha Alta, nº 14, Monte Alto, Coruña
· Proxección:
Bass-Que culture [2007] de Fermín Muguruza e Netxo Lenza
Fermin Muguruza culmina o seu actual proxecto persoal de reivindicación con raíces, establecendo unha ponte entre Xamaica e Euskal Herria.
Coa cámara en man, dirixe este documental, que tomando como fío narrativo a gravación do seu último disco “Euskal Herria Jamaika Clash” (unha colección de cancións novas co apoio dalgúns dos mellores músicos e cantantes da escena sincopada de Xamaica, nos estudos Tuff Gong de Kingston, o cuartel xeral dos Marley, e Big Yard, centro operativo da crew de Shaggy), ofrécenos unha mirada social, cómplice e próxima sobre os vínculos entre pobos pequenos, neste caso, dous pobos-illa, tenaces en manterse vivos e dignos, primeiro fronte ao colonialismo, agora, fronte a un uniformismo global, que lles esixe o cesamento da súa particular rebeldía política e cultural.
+ Máis Información: L.S.O. Casa das Atochas ou sobor o documental na páxina de Fermín Muguruza.
A COMISIÓN DE URBANISMO rexistrou na Área de Urbanismo do Concello da Coruña, unha compilación das denuncias, queixas e suxestións, que os veciños afectados polas obras de Adelaida Muro e Ramón del Cueto queren facer chegar á Ilma. Sra. Dª Mª del Mar Barcón Sánchez , Concelleira Delegada de Urbanismo.
As queixas veciñais concrétanse na falta de seguridade nas obras da promoción que afecta os números 3,5,7,9,11,13,15,17 e 19 da rúa Ramón del Cueto, conxuntamente cos números 4,6 e 8 de Adelaida Muro. Ademais de malas actuacións por parte da xente que traballa na citada promoción, falta total de información e o inicio dun posible problema de sanidade pública. No traballo de campo feito pola Comisión de Urbanismo, Medio Ambiente e Infraestructuras, desta Asociación de Veciños. Non se puido constatar ningún dato da actuación urbanística xa que non aparece o preceptivo cartel de obra ou licencia de demolición, do calse poda deducir nin o número de licencia, nin a natureza da mesma, e tampouco datos da promoción ou o técnico responsable da obra.

O mercado de Monte Alto foi construído nos anos 80 nun descampado de titularidade municipal neste barrio. As obras contaron cunha subvención da Xunta de 50 millóns de pesetas que posibilitou que no descampado se crease un edificio de dúas plantas e dúas plantas de aparcadoiro.
O mercado ademais dos tradicionais postos de peixes e carne, situados na primeira planta, e os de carne, ovos e froita, tamén incluía postos comerciais, na súa maioría na parte exterior do edificio.
Na actualidade executáronse obras de reforma neste mercado, coa renovación as instalacións da primeira planta están ocupadas polos postos tradicionais da praza de abastos, mentres que na planta baixa instalouse un supermercado (Gadis). Todas estas obras tiveron un orzamento de 1,4 millóns de euros.
- Enderezo: Avenida de Hércules, C.P. 15002, A Coruña.
- Teléfono: 981-25-69-65
- Horario: Todos os días de 09.00 a 15.00 horas.
- Máis información: Coruna.es

A Xunta de Goberno da o visto bo á contratación do servizo de conservación e mantemento dos mercados municipais cun presuposto de 331.296 euros e cun contrato de catro anos. O obxectivo é garantir un mantemento integral das seis instalacións municipais que constitúen os mercados de Eusebio da Guarda, Elviña, San Agustín, Ramón Cabanillas, Palavea e Monte Alto.
Para iso, convocarase un concurso público e o adxudicatario encargarase do mantemento, a asistencia para reparacións e servizos de urxencia, implantación dun sistema de xestión informatizado do mantemento dos edificios e actualización de información técnica sobre estes.
Fonte: Osmallos.es
Fonte: O Ideal Galego
Las actuales instalaciones de la Policía Local se están quedado cortas a la hora de albergar un cuerpo que cada día cumple más funciones y más especializadas. Las unidades van desde atestados, la de motos (prevención y reacción), la de Medio Ambiente y la de Seguridad de edificios municipales, como la de la alcaldía. Además del control de parques y mercados y patrullas.Y para realizar estas funciones, la Policía Local cuenta con un parque móvil de coches, motocicletas y bicicletas. El problema es que, en la actual localización de su base, en pleno barrio de Monte Alto, tanto vehículo genera un tráfico adicional que deben soportar las ya atestadas calles de la zona, lo que no deja de preocupar a la Policía Local, que precisamente es la encargada de supervisar el buen funcionamiento del tráfico coruñés.
Sin párking > “Es un problema para los vecinos -reconoce el inspector principal Joaquín Ponte- porque este barrio ha cambiado mucho y cada vez construyen edificios de más alturas, así que vive en él más gente con más coches”. Al no tener un aparcamiento adecuado, los agentes municipales se ven obligados a aparcar sus coches patrulla en plena calle, y los agentes destinados en el control de la puerta tienen que cuidar que la situación no degenere en el caos.
“Generamos una gran cantidad de vehículos pero ¿qué le vamos a hacer?”, añade Ponte. Algunos envidian a los bomberos, cuyo parque, en el polígono de A Grela, cuenta con amplio aparcamiento. De momento, muchos policías acuden al trabajo en moto o en bicicleta. Y así dan ejemplo a la ciudadanía.
Esta noite, ás 21.00 horas, no local da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte s/n), haberá un obradoiro de abelorios dentro do programa Noite Nova organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.
Dende o Centro Social Gomes Gaioso chéganos a seguinte nova:
Este sábado tera lugar no Gomes Gaioso umha festa solidária com as vítimas dos furacáns em Cuba.
Trás o passo de dous furacáns de jeito consecutivo, a naçom cubana precissa da nossa ajuda e o ganho que tiremos este sábado, donará-se integramente para a ajudar às vítimas dos furacáns. Ainda que é certo que estes furacáns passarom por outros países da zona, causando numerosos danos, a situaçom de Cuba é especial, porque o criminoso bloqueio à ilha imposto polos Estados Unidos empece a chegada de ajuda humanitária por vias oficiais lá.
Para ajudar com a causa, vários artistas actuarám no Gomes Gaioso.
- 20h Intervem Moncho Leal, Presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villaamil
- 21h Leitura de textos de autores cubanos com Alberte Momán e Xavier Vásquez Freire
- 22h Sessom dj (Heitor)
- 23h Xoan Curiel (Cantautor)
A entrada solidária custara 5€.

Dende Libera! Galicia chéganos o seguinte correo:
O 31 de Outubro, ás 20:00 horas, na Casa das Atochas, comezamos unha xira de cine animalista e medioambiental por Galicia, chamada Documentanimal.
O documental que estrearemos é “Nuestro pan de cada día”, un filme austríaco sen diálogos, só son ambiental, que fala da explotación do planeta e da explotación dos animais.
Documentanimal comezará en A Coruña e visitará Santiago de Compostela, Lugo e Ourense…
Para máis información podedes visitar a páxina de Libera! Asociación Animalista