Archives bynovembro, 2008

Comeza a construcción da Galescola

Na páxina web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pódese ler a seguinte nova:

Resolución do 18 de novembro de 2008 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente, tramitación anticipada de gasto e procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación da obra de construción dun edificio para Galescola e Centro de Día situado na Ronda de Monte Alto, Polígono G2-01, na Coruña.

+ Máis información: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade.

Comentarios

I Xornadas De Consumo Consciente e Responsable

Dende a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística chéganos a seguinte nova:

I XORNADAS DE CONSUMO CONSCIENTE E RESPONSABLE

Os días 26, 28 e 29 de novembro no Kiosko Alfonso da Coruña.

PROGRAMA

Mércores 26 de novembro

19:30h Presentación das Xornadas.

20:00h Conferencia: A crise mundial de alimentos, que hai detrás dela, que podemos facer ó respecto?, Eric Holtz Giménez*, Director Xeral de Food First, Institute for Food and Development Policy de USA.

*Eric Holtz Giménez, é un gran coñecedor do sistema mundial de produción alimentaria e achegará moitas das claves para entender como se rixe o actual mercado global da alimentación. O centro que dirixe ten como misión poñer fin ás inxustizas que causan fame, pobreza e degradación do medio ambiente en todo o mundo, así como a investigación, análise, promoción e educación para a participación cidadá. Trátase dunha institución que parte das experiencias das comunidades locais e que ten como base a soberanía alimentaria e a defensa dos dereitos humanos.

Venres 28 de novembro

19:30h Proxección de documentais: podemos decidir o que consumimos?

  • La historia de las cosas (20′) de Annie Leonard. Fai un percorrido polo ciclo de vida de bens e servizos.
  • Bendito Machine I e II (5′ y 8′),de Jossie Malis. 2007 e 2008, curtas de animación que amosan como a ansia de ter máis pode destruír a galiña dos ovos de ouro.
  • Tres historias y un vaso de leche (25′) de Pablo Fraguas e Álvaro Pombo. Narra 3 historias sobre os problemas ambientais e sociais a través dun vaso de leite.

20:30h Coloquio

Sábado 29 de novembro

17:00h - 18:15h Mesa Redonda: que son as cooperativas de consumo? Porque cada vez somos máis.

Ramón Rodríguez, Federación de cooperativas Sinerxia

Xan Martínez, A Xoaniña Cooperativa de consumo responsable de Ferrol

18:15h Descanso

18:30h Cara a unha cooperativa de consumo na Coruña: constrúe con nós

Iniciativa Zocamiñoca, Presentación da iniciativa: o que se leva traballado e o que faltaría por facer
- produtos que se poden ter
- produtoras da comarca
- modelo organizativo
- persoas interesadas en participar

20:30h Despedida e peche

Comentarios

Obradoiro de música tradicional o sábado 22

Este sábado 22 ás 11.30 da mañá haberá na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte S/N) un obradoiro de música tradicional galega. É totalmente gratuíto e vai dirixido a cativos e cativas de 6 a 10 anos. Para inscribirse é necesario cumplimentar o formulario de inscrición e entregalo na devandita Biblioteca xa sexa en horario de mañá (9.30 - 13.30 horas) ou de tarde (16.00 - 20.00 horas).

· Nota: Por problemas técnicos o formulario de inscrición está dispoñible na Biblioteca da Asociación e non no noso blogue como se anuncia no cartaz. Desculpen as molestias.

Comentarios

Magosto no Campo de Marte este sábado 22

Este sábado 22 de novembro ás 17.00 horas no Campo de Marte a Asociación de Veciños de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules en colaboración coa Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a Comparsa Montealto a 100, a LNB (Liga Nacional de Billarda) e o C.S.A. Atreu!, fará un Magosto para todos os veciños e veciñas do noso barrio.

Avisade a quen poidades e achegádevos pra disfrutar dunhas castañas coa mellor música e os xogos máis divertidos.

Comentarios

Reunións Ollo de Vidro na A.C. Alexandre Bóveda

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que hoxe, luns 17 de novembro, as 19:30 horas, terá lugar unha reunión do noso colectivo de fotografía, aberta a todolos socios, no local da agrupación.

A reunión consistirá en que Héctor Santos-Díez (www.santos-diez.com) comente e ilustre como é o seu fluxo de traballo co ordenador: Capture One, Lightroom e Photoshop.

Estas reunións pedagóxicas comenzaron o pasado 3 de novembro, cuns exemplos de procesado a cargo de Eduardo Castro Bal, e terán continuidade, coa intervención de Nando Mauriz.

Comentarios

Programación actividades novembro-decembro

Presentamos o cartaz que a semana que ven estará en todas as rúas do noso barrio. Dous meses cheos de actividades tanto para cativos como adultos: contacontos, obradoiros, cine, xogos…

(Clicar sobor do cartaz pra amplialo)

Tamén podedes botarlle un ollo a un par de fotos da proxección de “O Bosque Animado” o pasado sábado 8 de novembro na Biblioteca da Asociación de Veciños (Campo de Marte S/N) clicando na ligazón especial da marxe dereita do blogue: Cine de Barrio.

Comentarios

Noite Nova na Asociación de Veciños

Mañá á noite, ás 21.00 horas, no local da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte s/n), haberá un obradoiro de coiro dentro do programa Noite Nova organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Descarga o pdf do programa completo de actividades

Comentarios

Nota de Prensa da Asociación Veciñal

Pola presente a A VV de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules quere facer pública a súa posición con respecto ao prezo do Bus na cidade da Coruña. Neste senso, e ante as informacións espalladas por diversos medios de comunicación, indicando unha eventual suba da tarifa de bus de entre 4 e 6 céntimos de euro, a A VV de Monte Alto quere manifestar a súa OPOSICIÓN TOTAL a un aumento do prezo do billete, defendendo, pola contra, a CONXELACIÓN DO PREZO DO BUS EN CALQUERA DAS SÚAS MANIFESTACIÓNS (bono-bus ou abono directo).

Entendemos que a suba pretendida non vai aparellada a unha mellora da calidade do servizo. Por outra banda, resulta inexplicábel e inadmisíbel que nunha situación de carestía e crise económica se pretenda aumentar o prezo dun servizo público sen que se ofreza aos cidadáns e usuarios contrapartida algunha no servizo que xustifique tal medida.

Por outra banda, a entidade veciñal entende que se debe camiñar cara un cambio do modelo da concesión do servizo de transporte público que modifique o actual sistema, o cal élle únicamente rendíbel á entidade privada “Compañía de Tranvías de La Coruña, SA”, máis non ao Concello da Coruña.

Comentarios

Curso de xadrez por Aleksa Strikovic

O Club de xadrez  Alexandre Bóveda informa que a partir deste venres 14 de novembro, comeza un obradoiro de perfecionamento de xadrez a cargo do Grande Mestre serbio Aleksa Strikovic.

O obradoiro desenvolverase os venres durante tres meses en horario de 20:00 h a 22:00 h. e está dirixido a aquelas persoas con coñecementos previos do xogo.

Para calquera información ou inscripcións poden chamar o tlf: 981 200 869 ou pasar polo noso local (R/ Olmos 16-18, 1º) en horario de 16:30 a 20:30 h. de luns a venres.

Comentarios

Exposición na Asociación Cultural Alexandre Bóveda

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que mañá martes 11 de novembro ás 20:00h. no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º), terá lugar dentro do Ciclo de fotografías de viaxes a proxección de fotografías Vietnán e Camboxa, a cargo do fotógrafo, Ernesto Gómez.

A entrada é de balde.

Comentarios

« Previous Entries