Nota de Prensa da Asociación Veciñal

Pola presente a A VV de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules quere facer pública a súa posición con respecto ao prezo do Bus na cidade da Coruña. Neste senso, e ante as informacións espalladas por diversos medios de comunicación, indicando unha eventual suba da tarifa de bus de entre 4 e 6 céntimos de euro, a A VV de Monte Alto quere manifestar a súa OPOSICIÓN TOTAL a un aumento do prezo do billete, defendendo, pola contra, a CONXELACIÓN DO PREZO DO BUS EN CALQUERA DAS SÚAS MANIFESTACIÓNS (bono-bus ou abono directo).

Entendemos que a suba pretendida non vai aparellada a unha mellora da calidade do servizo. Por outra banda, resulta inexplicábel e inadmisíbel que nunha situación de carestía e crise económica se pretenda aumentar o prezo dun servizo público sen que se ofreza aos cidadáns e usuarios contrapartida algunha no servizo que xustifique tal medida.

Por outra banda, a entidade veciñal entende que se debe camiñar cara un cambio do modelo da concesión do servizo de transporte público que modifique o actual sistema, o cal élle únicamente rendíbel á entidade privada “Compañía de Tranvías de La Coruña, SA”, máis non ao Concello da Coruña.

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word