A CRISE DO LADRILLO PONLLE FRENO Á CONSTRUCIÓN

Un total de 8.760 vivendas permanecen pendentes de construir en distintas zonas da cidade, dende que se aprobou o Plan Xeral en 1998. De entre elas, as urbanizacións do Portiño (3200) e S.Pedro de Visma (3500) son nas que máis se tería construído, seguidas das Xubias (850), As Percebeiras (520), na zona do Millenium, e A Mestranza (300), ademais do  Parque da Agra (300). Sen esquecer que a previsión inicial incluía  a construción na Agra de San Amaro (333), un polígono que non será unha realidade xa que a actual equipa de goberno mantén a mesma posición que a anterior ó respecto da denegación da licencia de construción.

A principal causa destas paralizacións,  sen dúbida, é a crise inmobiliaria, que vai aprazando as construccións pola falla de creto  e o exceso de oferta que hai na cidade. E todo iso, sen que a suspensión das licencias para construír afecte a estas urbanizacións.

Tendo en conta o que si se construíu do Plan Xeral do 98 e que en parte tamén está sen vender, as moitísimas vivendas sen habitar que existen na cidade, e lembrando que nos últimos dez anos (2000-2010) A Coruña capital só medrou en 4278 habitantes. Teñen chollo feito para décadas.