VEHÍCULOS ABANDOADOS

Para evitar os custes que supón a tramitación dos expedientes de vehículos abandoados na rúa, a Policía local informa a través dunhas pegatinas dirixidas ós propietarios dos mesmos coches, de que chamando ó teléfono gratuito 900-701 157, unha empresa autorizada se encarga de retiralos e tramitar a baixa do vehículo. No mesmo acto de entrega se lle abonan ó dono do vehículo 50 €.