PROPOSTAS E NECESIDADES VIXENTES NO BARRIO DE MONTE ALTO

Dentro do documento de peticións ou propostas, un documento vivo que estase a elaborar día a día coas vosas achegas, feitas ó concelleiro de barrio, resaltamos as máis importantes:

URBANISMO:

  • Plan de pavimentación e  acondicionamento de beirarrúas en mal estado (Adelaida Muro, Pedro Galán Calvete, etc…)
  • Solución ós cruces viarios dificultados pola escasa visibilidade (Perpendiculares a Avenida de Hércules, Marconi/Rúa da Torre, Cantábrico/Adelaida Muro, Intersección da Avenida de Hércules coa Rúa da Torre)
  • O problema de aparcamento no barrio, garantindo unha praza de aparcamento por vivenda nova construída, e maior vixilancia policial.
  • Redistribución e dotación de novas zoas de carga e descarga axeitadas á realidade actual do comercio no barrio.
  • PLAN INTEGRAL DO TENDIDO DAS INSTALACIÓNS. (Eliminación das baixantes de pluviais que rematan directamente nas beirarrúas á vez que se arranxen as beirarrúas, eliminación do tendido eléctrico aéreo por fachadas, trocar os tramos de fibrocemento que aínda existen na rede de abastecemento de auga…)
  • DOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO MOBLAXE URBANO NAS PRAZAS E XARDÍNS. (Bancos en xardíns vencellados ás sombras, xogos infantís no Campo de Marte, Campo da Leña e xardín do cemiterio, fontes no xardín do Poligono de Durmideiras, aparatos de traballo psicomotriz para os nosos maiores, puntos de aparcamento de bicicletas, etc…)
  • CATALOGACIÓN DE CONTINUOS DE EDIFICACIÓN QUE TEÑAN INTERÉS  POLAS SUAS CUALIDADES ARQUITECTÓNICAS E AMBIENTAIS
  • PLAN DE REXENERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS.
  • PROBLEMÁTICAS XERADAS POLAS OBRAS ABANDOADAS. (Feches de obras em mal estado, acumulación de auga en obras que teñen feita excavación, andamios que levan máis de dez anos ocupando a beirarrúa, guindastres abandoados nas obras, etc…)
  • O posicionamento deste colectivo veciñal e totalmente contrario ó desenvolvemento do Polígono da Agra de Santo Amaro.
  • Activar o proceso de xeración dunha área metropolitana.

MEDIO AMBIENTE:

  • Dotación dun punto limpo para o barrio seguindo a proposta do PXOM. (Completar o servizo de punto limpo móvil, establecer un calendario fixo e estable das recollidas, campaña informativa sobre o teléfono para a recollida de enseres, sensibilizar á población sobre o beneficio da separación do lixo en orixe).
  • Alumeado eficiente.
  • Mantemento dos exemplares arbóreos do Campo de Marte e dos do corredor verde de Orillamar.
  • Pranta de reciclaxe de Nostián. ( Rebaixar a porcentaje do 65% de lixo non reciclado, trocar o  modelo actual que ten como produto final un compost que non cumpre os parámetros para a súa comercialización, tendo que pagar polo seu traslado a factorías de elaboración de fertilizantes)
  • Campaña de supresión dos vehículos abandoados.

MOBILIDADE

  • Autobús especial Universidade
  • Ampliación do percorrido da liña Nº5, pasando pola ronda de Monte Alto.
  • Ampliación da rede de plataformas de préstamo de bicicletas
  • Estudo de mobilidade

CULTURA, SOCIEDADE E EMPREGO

  • Recuperar o Cárcere Provincial para a cidadanía como equipamento público que teña como finalidade albergar usos sociais e culturais que veñan a subsanar as carencias do barrio e da cidade.
  • PLAN DE APOIO Ó PEQUENO COMERCIO
  • VIVEIROS DE pequenas  EMPRESAS PARA EMPRENDEDORES aproveitando os locais de titularidade pública que non teñen un uso asignado.
  • GARDERÍAS E CENTROS DE DÍA. ( Adecuar as prazas disponibles á demanda real da sociedade)
  • APERTURA DAS ÁREAS DE XOGO DOS EQUIPAMENTO EDUCATIVOS PÚBLICOS NOS HORARIOS NON LECTIVOS.
  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ. (Avanzar nun modelo participativo real).
  • POLICÍA DE BARRIO

ORDENANZAS MUNICIPAIS

  • INCIDIR NO CUMPRIMENTO DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS CANINAS
  • ESTUDAR EN PROFUNDIDADE A ORDENANZA MUNICIPAL QUE REGULA A  INSTALACIÓN DE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL