Petición á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para a mellora dos ordenadores.

Petición entregada ista mañá por Rexistro.

No día de hoxe, Venres 24 de Febreiro, a Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules vén de tranmitar unha petición á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta para unha mellora dos nosos ordenadores. Como ben sabedes, na Asociación impartimos cursos de alfabetización informática e, actualmente, están, moitos deles, defectuosos.