ASEMBLEA VECIÑAL ABERTA EXTRAORDINARIA

As xestións e presión veciñal fixo que o Concello da Coruña, logo dunha xuntanza onte coas Concelleiras de Barrio Carmen Hervada e Susana Pazo no local da Asociación, accedesen a paralizar a tala das árbores do Campo de Marte até non ter explicado á veciñanza os motivos de tal decisión.

Agradecemos a ambas concelleiras o ter atendido as nosas demandas e agardamos que a veciñanza sexa escoitada.