Presentación da película “Vilamor”

O vindeiro Mércores 2 de Maio ás 19:00 presentarase no local da Asociación Veciñal a película galega “Vilamor”.

Contaremos coa presenza do director Ignacio Vilar. Tamén estarán Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán protagonistas dista historia.

SINOPSE

Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

´Presentación Mércores 2 de Maio ás 19:00 na AVV.