Archives byAdministrador Blogue

Bó Nadal!

Dende a Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules desexamos aos nosos/as veciños/as unhas felices festas.

Tamén a todos os blogs e sitios que día a día loitan ao noso carón polo noso barrio.

Moitas gracias!

Comentarios

Agora as nosas noticias se escoitan

Agora as noticias do noso blogue tamén poden ser escoitadas. Iste sistema permitirá as persoas con discapacidades visuais acceder mellor aos contidos da nosa páxina.

Agardamos que sexa do voso agrado.

Comentarios

Monte Alto Televisión

Monte Alto xa dispón dunha televisión en línea onde poder ver todos aqueles documentos de video que fagan referencia de maneira directa ou indirecta ao noso barrio. Esperamos que vos goste.

*Tanto a velocidade de carga da canle coma a calidade no visionado dependerán da túa velocidade de conexión. (Sé paciente se tarda en cargar).

**Con esta ferramenta temos a posibilidade de emitir imaxes en directo (webcam, etc.), cando así sexa, aparecerá por aquí debaixo un “LIVE” de cor vermella. Mentres tanto, emisión continua de vídeos grabados.

PRENDE A TELEVISIÓN

Gracias a Osmallos.es pola idea.

Comentarios (1)

Dúas ligazóns máis

Esta mañá chegounos o seguinte correo:

“Gustaríame que puxerades no bloge da AAVV de Montealto estas dúas ligazóns:

Asociación Animalista Libera!
http://www.liberaong.org

Somos unha organización pro-dereitos dos animais presente en Galicia.

Galicia, mellor sen touradas
http://www.galiciamellorsentouradas.org

É unha plataforma antitaurina creada en Xullo do 2008, á que están adheridas 23 organizacións de todo o mundo, e imos traballando pola abolición da tauromaquia en Galicia. Foron os convocantes da recente concentración en Negreira, e para o 2009 están a preparar novas actividades, como un 2º seminario na Coruña, mesas e postos informativos, relatorios, etc.

Como vin que estaban os compañeiros de Pontevedra Antitaurina, era para facer máis forza no voso blogue.

Un saúdo!”

Así que facendo caso á petición, podedes atopar ditas dúas ligazóns no apartado “Colectivos” na columna da dereita do blogue.

Moitas gracias.

Comentarios

Clube Deportivo Aikido Noroeste

No noso barrio tamén existe un clube deportivo adicado ao Aikido. Se estades interesados nas súas actividades ista é a súa páxina web: http://aikidonoroeste.com

Tamén tedes a ligazón na columna da dereita, na categoría “Equipos do Barrio”.

Comentarios

Blogue Turístico Galego

Hoxe preséntovos un blogue con información turística sobor Galiza. Festas, lugares, aloxamentos, balnearios, restaurantes, monumentos, castelos, faros…. Chámase “Turismo Galicia”. Podedes entrar clicando sobor a ligazón.

http://turismogalicia.blogspot.com/

Tamén tendes a ligazón na columna da dereita, na categoría de “Outras páxinas de interese”.

Comentarios

Arranxado o problema dos comentarios

Anunciamos que xa está arranxado o problema dos comentarios. Sede moderados e respetuosos. Hai moitas maneiras de dicir as cousas.

Un saudo.

Comentarios