Bó Nadal!

Dende a Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules desexamos aos nosos/as veciños/as unhas felices festas.
Tamén a todos os blogs e sitios que día a día loitan ao noso carón polo noso barrio.
Moitas gracias!

Dende a Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules desexamos aos nosos/as veciños/as unhas felices festas.
Tamén a todos os blogs e sitios que día a día loitan ao noso carón polo noso barrio.
Moitas gracias!
A A. VV. DE ATOCHAS-MONTE ALTO-TORRE DE HÉRCULES VALORA MOI POSITIVAMENTE A INMINENTE CONSTRUCIÓN DUNHA GALESCOLA E DUN CENTRO DIA NO BARRIO DE MONTE ALTO
Pola presente a A VV MONTE ALTO quere manifestar a súa satisfacción pola futura posta en marcha no noso barrio dunha GALESCOLA e dun CENTRO DE DIA promovidos ambos pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza.
A A VV de MONTE ALTO non pasa por alto o enorme esforzo de investimento realizado no noso contorno por Vicepresidencia, un investimento de cartos públicos que supera calquer outro investimento realizado no barrio en moito tempo, tanto desde un punto de vista cualitativo como cuantitativo.
Por outra banda débese salientar igualmente que esta nova dotación de servizos do Consorcio Galego da Igualdade do Benestar non é excluínte coa conversión do antigo Cárcere Provincial da Torre nun centro multifuncional que albergue tanto un centro de dia de titularidade municipal como un Centro Xuvenil Interdisciplinar. Neste senso, sería positivo que desde a Alcaldía da cidade da Coruña se confirmase canto antes que, en efecto, o barrio de Monte Alto vai contar tamén con dotacións xuvenís e para a terceira idade no antigo centro penitenciario.
A A VV de Monte Alto ponse, como sempre fixo, a disposición das Concellarías implicadas, Alcaldía, Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e Concellaría de Deportes, para pechar canto antes un proxecto de uso concreto nas dependencias do Cárcere da Torre a fin de converter o contorno da Torre nun auténtico referente de benestar e de alternativas para a mocidade.
Nesta liña, nas vindeiras semanas formularánse peticións de reunións co Sr. Alcalde asi como cos Concelleiros de Deportes e de Mocidade.
A partir de agora os veciños do barrio de Monte Alto poderán consultar o boletín da Asociación Veciñal a través do noso blogue. Unha iniciativa que tenta achegar, dunha maneira eficaz e moderna, toda a información das nosas actividades e as nosas loitas á xente que traballa e vive nas nosas rúas.
Para poder velo só tedes que clicar enriba de onde pon “Boletín A Rúa Outubro 2008“. Teredes unha sección de boletíns en “Páxinas especiais“. Para gardar o documento debedes por o rato enriba de “Boletín A Rúa Outubro 2008“, clicar o botón dereito e, no menú que aparece, clicar onde pon “Guardar destino como…“
Venres 19 ás 11:15 no Parque Carlos Casares da Coruña (detrás da antiga Cárcere Provincial) presentación dos proxectos de galescolas e centros de día de Eirís e MONTE ALTO coa asistencia do Vicepresidente da Xunta e outros cargos institucionais.
Máis de 5 millóns de euros de investimento en estes centros socio - educativos na cidade da Coruña.
+ Información: Comeza a construcción da galescola (30/11/2008)
Hoxe, Venres 12 de Decembro, charla-coloquio na Asociación de Veciños/as de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules ás 20:00 horas sobre as ferramentas nacionalistas para afrontar a crise.
Na páxina web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pódese ler a seguinte nova:
Resolución do 18 de novembro de 2008 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente, tramitación anticipada de gasto e procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación da obra de construción dun edificio para Galescola e Centro de Día situado na Ronda de Monte Alto, Polígono G2-01, na Coruña.
+ Máis información: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade.
Este sábado 22 de novembro ás 17.00 horas no Campo de Marte a Asociación de Veciños de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules en colaboración coa Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a Comparsa Montealto a 100, a LNB (Liga Nacional de Billarda) e o C.S.A. Atreu!, fará un Magosto para todos os veciños e veciñas do noso barrio.
Avisade a quen poidades e achegádevos pra disfrutar dunhas castañas coa mellor música e os xogos máis divertidos.
Pola presente a A VV de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules quere facer pública a súa posición con respecto ao prezo do Bus na cidade da Coruña. Neste senso, e ante as informacións espalladas por diversos medios de comunicación, indicando unha eventual suba da tarifa de bus de entre 4 e 6 céntimos de euro, a A VV de Monte Alto quere manifestar a súa OPOSICIÓN TOTAL a un aumento do prezo do billete, defendendo, pola contra, a CONXELACIÓN DO PREZO DO BUS EN CALQUERA DAS SÚAS MANIFESTACIÓNS (bono-bus ou abono directo).
Entendemos que a suba pretendida non vai aparellada a unha mellora da calidade do servizo. Por outra banda, resulta inexplicábel e inadmisíbel que nunha situación de carestía e crise económica se pretenda aumentar o prezo dun servizo público sen que se ofreza aos cidadáns e usuarios contrapartida algunha no servizo que xustifique tal medida.
Por outra banda, a entidade veciñal entende que se debe camiñar cara un cambio do modelo da concesión do servizo de transporte público que modifique o actual sistema, o cal élle únicamente rendíbel á entidade privada “Compañía de Tranvías de La Coruña, SA”, máis non ao Concello da Coruña.
Esta noite, ás 21.00 horas, no local da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte s/n), haberá un obradoiro de abelorios dentro do programa Noite Nova organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.
A pornografía infantil na Rede é unha lacra imparable que ensucia as nosas vidas cada día. A presión policial con macrorredadas non é suficiente para deter as malas prácticas destes individuos, que actúan dende o anonimato que pode brindar a Rede golpeando as vidas de centos de nenos, mesmo bebés, en busca dun desexo sexual depravado e enfermizo. Por iso entre todos os internautas debemos poñer mans á obra e meter o máximo de ruído no ciberespacio.
O obxectivo desta blogocampaña, que arranca hoxe, é que o próximo 20 de novembro — Día Universal do Neno — centos de blogs escribamos un post en que apareza a frase Pornografía infantil NON para sementar os buscadores de Internet de severas críticas a esta vergoña humana e social. Desta forma conseguiremos que as ciberbúsquedas das palabras pornografía+infantil polo menos golpeen as conciencias de tanto saído mental. No post podedes colar termos de busca empregados polos pederastas e pedófilos como “angels”, “lolitas” ou “preteens” para chegar onde queremos chegar.
Pásao. Se queres participar coloca este cartel no teu blog, difúndeo entre os teus coñecidos e escribe o 20 de novembro un post necesario para desinfectar algo a Rede de todos.
Unha iniciativa de La Huella Digital e Vagón-Bar