A AVV ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES REÚNESE CO CONCELLEIRO JUAN DE DIOS RUANO

Comunicado de Prensa

A Asociación de Veciñas e Veciños Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules informa que, no día de onte, Mércores 1 de Febreiro, foi recibida no Pazo de María Pita polo Concelleiro de Barrio Juan de Dios Ruano.

En dita xuntanza, os representantes da nova directiva, presentáronlle un informe no que se recollen as deficiencias do barrio: transporte público, pavimentación, mobiliario urbano, iluminación e diferentes temas urbanísticos e sociais. O Concelleiro comunicou o seu coñecemento e que xa están a traballar sobre a súa base pero non concretou actuacións nin prazos debido a que están estudando os diferentes casos.

Así mesmo, tratáronse outros temas como o funcionamento das concelleiras e concelleiros de barrio e ambas partes acordaron unha futura reunión que, posibelmente, será na primavera.

XUNTA DIRECTIVA
A.V.V. ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES

CAMPO DE MARTE E COLEXIO CURROS ENRÍQUEZ: MATERIAS PENDENTES

A Coruña, 26 Xaneiro 2012

 

COMUNICADO DE PRENSA

 

CAMPO DE MARTE E COLEXIO CURROS ENRÍQUEZ: MATERIAS PENDENTES

A Asociación de Veciñas e Veciños Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere denunciar o estado de esquecemento no que se atopa o Campo de Marte e o Colexio Curros Enríquez, situado no mesmo.

Consideramos imprescindíbel unha mellora integral dun dos parques máis emblemáticos do noso barrio. Un parque que carece, a día de hoxe, duns servizos públicos que cumpran unhas normas básicas de hixiene e limpeza, cando son moitas as persoas que fan uso dos mesmos. Un parque que carece dunha boa iluminación impedindo ás nais e pais poder vixiar aos cativos e cativas que xogan no mesmo e un parque que demanda unha reparación urxente dos xogos infantís e unha ampliación dos mesmos.

Do mesmo xeito denunciamos o estado de abandono no que se atopa o Colexio Curros Enríquez, na zona exterior da Avenida de Hércules, que xa está a provocar desprendementos en parte da súa fachada, como aconteceu hai unhas semanas, co conseguinte perigo para a veciñanza que transita dita rúa así como para as cativas e cativos que fan uso do centro.

A Asociación de Veciñas e Veciños Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules esixe ao Goberno Municipal unha resposta ante a demanda dunha veciñanza que, a día de hoxe, non foi escoitada a pesares de ter pedido, a través das instancias oportunas, unha reunión co seu Concelleiro de Barrio Juan de Dios Ruano. Xa notamos que se pasea polo barrio antes das eleccións e logo esquece todo.

ASOCIACIÓN DE VECIÑAS E VECIÑOS

ATOCHAS – MONTE ALTO – TORRE DE HÉRCULES

Foto do desprendemento.

Foto do Servizo Público.

OS PROBLEMAS DO LIXO

Galicia está moi por debaixo do que cabería agardar no canto á separación de residuos en orixe. As causas principais parecen ser a desinformación ou a deixadez, dando como resultados unhas cifras de material impropio (material mal depositado) moito maiores que no resto do estado.

Segundo dados da Memoria Anual de Medio Ambiente do ano 2010, na pranta de Nostián recébense anualmente 189.000 toneladas de residuos. Deles un 60% (112.000 Tn.), proceden do concello da Coruña, e o restante 40%  (77.000 Tn.) dos concellos integrados no Consorcio das Mariñas.

Resalta tamén que a maioría dos residuos, o 63% son inorgánicos, dos cales o 65%, xeran rechazos, que non se tratan e son enviados ó vertedoiro de Sobrado dos Monxes.

2010


Non se reciclaron 122.850 Tn. (65%)

Recicláronse  66.150 Tn. (35%)


ENTRARON EN NOSTIÁN  189.000 Tn.


60% A Coruña (113.400 Tn.)


40% Consorcio das Mariñas (75.600 Tn.)
37 % orgánicos41.958 Tn. 63 % inorgánicos71.442 Tn. 37 % orgánicos27.972 Tn 63% inorgánicos47.628 Tn.

En canto ós residuos orgánicos, no pasado ano  obtiveronse 25 toneladas de compost, se ben este producto atópase coa dificultade da súa comercialización, xa que a normativa galega lle impide a súa venda directa, polo que a situación actual é a de pagar polo seu traslado para ser empregado na fabricación de fertilizantes.

O único aproveitamento actual do lixo é a producción de biogás. O metano, dióxido de carbono e vapor de auga que se produce no proceso de fermentación do lixo, almacénase e gracias a pranta do coxeneración transfórmase en enerxía eléctrica. No 2010 xeráronse 5,3 millóns de kilovatios hora, o 69% para autoconsumo da propia pranta e o resto foi vendido.

VER +

VER ++

VER +++

VER ++++

PROPOSTAS E NECESIDADES VIXENTES NO BARRIO DE MONTE ALTO

Dentro do documento de peticións ou propostas, un documento vivo que estase a elaborar día a día coas vosas achegas, feitas ó concelleiro de barrio, resaltamos as máis importantes:

URBANISMO:

  • Plan de pavimentación e  acondicionamento de beirarrúas en mal estado (Adelaida Muro, Pedro Galán Calvete, etc…)
  • Solución ós cruces viarios dificultados pola escasa visibilidade (Perpendiculares a Avenida de Hércules, Marconi/Rúa da Torre, Cantábrico/Adelaida Muro, Intersección da Avenida de Hércules coa Rúa da Torre)
  • O problema de aparcamento no barrio, garantindo unha praza de aparcamento por vivenda nova construída, e maior vixilancia policial.
  • Redistribución e dotación de novas zoas de carga e descarga axeitadas á realidade actual do comercio no barrio.
  • PLAN INTEGRAL DO TENDIDO DAS INSTALACIÓNS. (Eliminación das baixantes de pluviais que rematan directamente nas beirarrúas á vez que se arranxen as beirarrúas, eliminación do tendido eléctrico aéreo por fachadas, trocar os tramos de fibrocemento que aínda existen na rede de abastecemento de auga…)
  • DOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO MOBLAXE URBANO NAS PRAZAS E XARDÍNS. (Bancos en xardíns vencellados ás sombras, xogos infantís no Campo de Marte, Campo da Leña e xardín do cemiterio, fontes no xardín do Poligono de Durmideiras, aparatos de traballo psicomotriz para os nosos maiores, puntos de aparcamento de bicicletas, etc…)
  • CATALOGACIÓN DE CONTINUOS DE EDIFICACIÓN QUE TEÑAN INTERÉS  POLAS SUAS CUALIDADES ARQUITECTÓNICAS E AMBIENTAIS
  • PLAN DE REXENERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS.
  • PROBLEMÁTICAS XERADAS POLAS OBRAS ABANDOADAS. (Feches de obras em mal estado, acumulación de auga en obras que teñen feita excavación, andamios que levan máis de dez anos ocupando a beirarrúa, guindastres abandoados nas obras, etc…)
  • O posicionamento deste colectivo veciñal e totalmente contrario ó desenvolvemento do Polígono da Agra de Santo Amaro.
  • Activar o proceso de xeración dunha área metropolitana.

MEDIO AMBIENTE:

  • Dotación dun punto limpo para o barrio seguindo a proposta do PXOM. (Completar o servizo de punto limpo móvil, establecer un calendario fixo e estable das recollidas, campaña informativa sobre o teléfono para a recollida de enseres, sensibilizar á población sobre o beneficio da separación do lixo en orixe).
  • Alumeado eficiente.
  • Mantemento dos exemplares arbóreos do Campo de Marte e dos do corredor verde de Orillamar.
  • Pranta de reciclaxe de Nostián. ( Rebaixar a porcentaje do 65% de lixo non reciclado, trocar o  modelo actual que ten como produto final un compost que non cumpre os parámetros para a súa comercialización, tendo que pagar polo seu traslado a factorías de elaboración de fertilizantes)
  • Campaña de supresión dos vehículos abandoados.

MOBILIDADE

  • Autobús especial Universidade
  • Ampliación do percorrido da liña Nº5, pasando pola ronda de Monte Alto.
  • Ampliación da rede de plataformas de préstamo de bicicletas
  • Estudo de mobilidade

CULTURA, SOCIEDADE E EMPREGO

  • Recuperar o Cárcere Provincial para a cidadanía como equipamento público que teña como finalidade albergar usos sociais e culturais que veñan a subsanar as carencias do barrio e da cidade.
  • PLAN DE APOIO Ó PEQUENO COMERCIO
  • VIVEIROS DE pequenas  EMPRESAS PARA EMPRENDEDORES aproveitando os locais de titularidade pública que non teñen un uso asignado.
  • GARDERÍAS E CENTROS DE DÍA. ( Adecuar as prazas disponibles á demanda real da sociedade)
  • APERTURA DAS ÁREAS DE XOGO DOS EQUIPAMENTO EDUCATIVOS PÚBLICOS NOS HORARIOS NON LECTIVOS.
  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ. (Avanzar nun modelo participativo real).
  • POLICÍA DE BARRIO

ORDENANZAS MUNICIPAIS

  • INCIDIR NO CUMPRIMENTO DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS CANINAS
  • ESTUDAR EN PROFUNDIDADE A ORDENANZA MUNICIPAL QUE REGULA A  INSTALACIÓN DE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL

EMVSA- PLAN DE APARCADOIROS 2012-2015

Un dos grandes obxectivos de Emvsa é o Plan de Aparcadoiros 2012-2015. Carlos Negreira avanzou que este proxecto permitirá analizar en profundidade e “identificar as necesidades de aparcamento“ na cidade. Neste senso, xa se  avanzou  na futura execución dos subterráneos de As Conchiñas,  hospital Materno- Infantil e  de Orillamar.

O párking de As Cochiñas está na  súa recta final. Dispondrá de 300 prazas (a metade en venta en concesión e a outra metade para uso público en rotación). O prezo das plazas en concesión situaráse entre los 18.000 y los 20.000 euros.

No caso de Orillamar, téñense recibido 100 solicitudes para as 95 prazas de estacionamento proxectadas. O obxectivo é empezar as obras no segundo trimestre de 2012 a data final dependerá do  estudo xeotécnico que se acaba de contratar-, cun prazo de execución dun ano.

No caso do Materno-Infantil, o estacionamento terá capacidade para 300 vehículos, exclusivamente en rotación, con tarifas máis sociales.

Servicio de bicicletas, en máximos históricos

O alcalde comprometeuse a mellorar as infraestruturas do servizo público de préstamo de bicicletas, que depende de Emvsa. También suliñou que en setembro alcanzaronse cifras récord, con 16.413 usos, que supón  un incremento del 21% con respecto a xullo, cuando se chegaron ós 13.515 usos.

El Gobierno no descarta mejorar la rampa del Matadero si el Ayuntamiento lo pide

Fonte: El Ideal Gallego

El Ministerio de Medio Ambiente deja abierta la posibilidad de mejorar la accesibilidad de los accesos a la playa del Matadero, siempre que el gobierno municipal se lo solicite. Así lo aclaró en la respuesta ofrecida a las preguntas presentadas en el Congreso por la diputada popular, Belén do Campo. En el escrito, el Gobierno no descarta “atender aquellas peticiones, conjuntamente con el Ayuntamiento de A Coruña, solicitadas por las asociaciones de discapacitados y vecinales, que completen esta actuación que contribuirá a mejorar el litoral de A Coruña y su accesibilidad”.

Además, apunta la conservadora, el Estado, al afirmar que “el proyecto fue redactado conjuntamente con el Ayuntamiento”, “pone en evidencia” que el gobierno local participó en todo momento en el diseño del proyecto final, “por lo que no se entiende que no haya hecho un esfuerzo especial para garantizar la accesibilidad de la rampa, aunque esto supusiera un mayor coste, ya que asegurar que las personas con movilidad reducida puedan disfrutar de nuestras playas no tiene precio”, apunta la diputada.

Los populares entienden que las dificultades técnicas deben superarse y nunca pueden suponer un límete para que el proyecto final que se ejecute sea el mejor. Por ello, la representante del PP en la Cámara Baja insta al ejecutivo municipal a buscar una solución “que permita que el gran esfuerzo económico y técnico que se ha hecho para mejorar y dotar de más servicios a la playa del Matadero no se quede a medias”.

Asimismo, reclama que se trabaje para buscar una solución técnica que permita reducir la pendiente o buscar alguna otra alternativa para que las personas con movilidad reducida “no queden excluidas a la hora de poder acceder a una playa que es de todos los coruñeses”.

De esta forma, con su iniciativa en el Congreso, el PP apoya las reivindicaciones planteadas por los vecinos de Monte Alto y por los colectivos de discapacitados.

Axenda Cultural

Dende a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña chéganos o seguinte correo:

  • CICLO DE POESÍA “POETAS DI(N) VERSOS”:

– Casa da Cultura “Salvador de Madariaga” (Durán Loriga, 10)

Martes 17:  LUIS EDUARDO AUTE + LUCÍA ALDAO. Horario: 20:30. Entrada: De balde até completar.

  • MÚSICA:

– Forum Metropolitano:

Luns 16
CICLO FORUMFOLK
COVALBLU: “MAI”
Función: 21:00
Entradas: 5 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 3 €)

  • TEATRO:

– SAMAÍN NO FORUM:

FESTA DO PROGRAMA DE LECER: “EDGAR ALLAN POE, UN MISTERIO POR RESOLVER”. Martes 17, de 18:30 a 20:00

– ENCONTRO DE NOVOS ESCRITORES/AS:“EU OU NÓS?”:

Venres 20 e sábado 21, no Castelo de Santa Cruz Podedes consultar o programa en www.aelg.org

– Recital poético-musical: con Eduardo Estévez, Alicia Fernández, Antía Otero, Mario Regueira e Elvira Riveiro + Colectivo Oruga.
Sábado 21, na Fundación Luís Seoane:
Horario: 18:00
Entrada:libre até completar capacidade
Organiza: Asociación de Escritores en Lingua Galega

Monte Alto érguese polo Cárcere da Torre!

carcere

Fonte: Xornal de Galiza

Veciños da Coruña rebélanse contra o “uso elitista” do vello cárcere

Reivindican a “factoría cultural” que prometera o Concello e rexeitan a utilización privada

Os veciños de Monte Alto levan oito décadas soportando un cárcere no barrio. Agora que o uso da prisión da Torre pasará definitivamente ao poder municipal néganse a ter de novo un edificio de portas pechadas. A asociación veciñal rebélase contra o proxecto de rehabilitar o edificio como parador nacional que abandeira o alcalde, Javier Losada. “Cremos que iso significaría privatizar o uso da instalación para elites”, denuncia José Ucha, presidente da asociación, que leva unha semana recollendo apoios para a súa proposta de reservar a instalación só para destinos totalmente públicos e culturais.

Ademais de recoller sinaturas contra o parador, a asociación veciñal de Monte Alto entregará ao Concello a próxima semana o que cren que debe ser o proxecto de usos para a antiga prisión provincial, que aínda alberga reclusos de terceiro grao que pasarán ao recén inaugurado centro de inserción social (CIS). A idea de base é a “gran factoría cultural” que estaba consensuada entre o goberno local e os veciños e que mesmo figuraba no programa electoral de Losada. “Estamos redefinindo e actualizado un proxecto que xa fixéramos, pero o que queremos é isto que sexa un foco de atracción e difusión da cultura e cubra as carencias de espazos para a xente nova que hai na zona”, explica Ucha.

A cesión do cárcere da Torre ao Concello por parte de Institucións Penitenciarias asinouse en 2005, pero agora que queda definitivamente baleira (coa posta en marcha do CIS) é cando se fará efectivo o convenio. O Concello ten acordado que unha parte da antiga prisión provincial se habilite como centro de interpretación da Torre de Hércules, como así llo recomendou a Unesco este verán cando declarou o faro Patrimonio da Humanidade. O debate agora está no resto do espacioso edificio. Os técnicos de Paradores Nacionales xa están estudando a súa viabilidade como aloxamento pintoresco, a petición do rexedor. En cambio, o seu socio de goberno, o nacionalista Henrique Tello, xa cuestionou este fin e afirmou que sería máis ventaxoso crear “un Guggenheim”, un foco de atracción cultural.

Sen tantas pretensións, os veciños da zona reclaman locais de ensaio e recintos multifuncionais que consigan crear “un centro vivo”. Consideran que “un parador non vai dinamizar a zona nin cubrir as carencias que ten”.

A mobilización social a prol dun uso netamente público para o antigo cárcere segue vías tradicionais coma a recollida de sinaturas (350 na primeira semana) e outras máis tecnolóxicas apoiadas nas redes sociais. De feito, en Facebook* hai un grupo de persoas en contra de converter nun parador o cárcere da Torre ao que en sete días se adheriron 750 membros. A asociación non descarta máis mobilizacións.

* Actualmente o grupo Facebook conta con 801 membros.

Segue adiante o proxecto Galescola + Centro Día

galescola2

No mes de decembro do 2008 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza anunciaba a construción dunha Galescola e un Centro de Día no Barrio de Monte Alto e Eirís.

Onte, a actual conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, colocou a primeira pedra “simbólica” na rúa Oleoducto.

Tentaremos manter ao día a todas e todos as veciñas e veciños do barrio sobor diste asunto.

Por outra banda anunciar que seguimos a buscar apoios prá que o Cárcere da Torre sexa un Centro Cultural Multidisciplinar e serva de apoio á Torre de Hércules prá promocionarse no mundo enteiro como Patrimonio da Humanidade que agora é. Pensamos que o do Centro de Día, posto que xa se vai facer xunto coa galescola, non ten moito sentido metelo no actual proxecto de remodelación do Cárcere máis seguiremos loitando porque se faga.

Gostaríanos coñecer tamén un pouco a opinión das veciñas e dos veciños sobor diste asunto. Por iso podedes facernos chegar os vosos correos a carceretorrecentrocultural@gmail.com