Encontro de Corais
Este sábado 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Igrexa Parroquial de Santo Tomás, haberá un encontro de corais. Estades tod@s convidad@s. Será gratuíto.
Este sábado 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Igrexa Parroquial de Santo Tomás, haberá un encontro de corais. Estades tod@s convidad@s. Será gratuíto.
Este sábado 22 de novembro ás 17.00 horas no Campo de Marte a Asociación de Veciños de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules en colaboración coa Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a Comparsa Montealto a 100, a LNB (Liga Nacional de Billarda) e o C.S.A. Atreu!, fará un Magosto para todos os veciños e veciñas do noso barrio.
Avisade a quen poidades e achegádevos pra disfrutar dunhas castañas coa mellor música e os xogos máis divertidos.
Presentamos o cartaz que a semana que ven estará en todas as rúas do noso barrio. Dous meses cheos de actividades tanto para cativos como adultos: contacontos, obradoiros, cine, xogos…
(Clicar sobor do cartaz pra amplialo)
Tamén podedes botarlle un ollo a un par de fotos da proxección de “O Bosque Animado” o pasado sábado 8 de novembro na Biblioteca da Asociación de Veciños (Campo de Marte S/N) clicando na ligazón especial da marxe dereita do blogue: Cine de Barrio.

Dende Libera! Galicia chéganos o seguinte correo:
O 31 de Outubro, ás 20:00 horas, na Casa das Atochas, comezamos unha xira de cine animalista e medioambiental por Galicia, chamada Documentanimal.
O documental que estrearemos é “Nuestro pan de cada día”, un filme austríaco sen diálogos, só son ambiental, que fala da explotación do planeta e da explotación dos animais.
Documentanimal comezará en A Coruña e visitará Santiago de Compostela, Lugo e Ourense…
Para máis información podedes visitar a páxina de Libera! Asociación Animalista
O pasado venres 10 de outubro a Asociación de Veciños xunto coa Agrupación Astronómica IO fixeron un obradoiro astronómico na explanada da Casa dos Peixes onde a xente do barrio puido observar o firmamento nocturno tan contaminado pola iluminación da nosa cidade.
Xa podedes ver as fotos na páxina especial sobre o Obradorio Astronómico.

Esta noite do venres ás 21.00 horas na explanada da Casa dos Peixes haberá un obradoiro astronómico organizado pola Asociación de Veciños de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules e a Asociación Astronómica IO.
Listaxe de prezos dos cursos do Centro Social Gomes Gaioso pra este ano 2008/2009:
Os horarios son os seguintes:
Ante calquera dúbida ou información podedes mandar un correo ao enderezo electrónico gomesgaioso@gmail.com ou chamar ao número 637260659.
Dende a Comisión de Cultura anunciamos que mañá, sábado 20 de setembro, ás 17.00 horas, terá lugar na pista polideportiva IES Gamallo Fierros de Ribadeo (Galiza) o encontro entre a Auténtica (Selección Galega de Billarda) e a Selección Alemana de Billarda.
Poderedes seguilo en directo a través do blogue OVARALMORSE

Coruña acollerá no mes de setembro a segunda edición do Festival Internacional de Maxia de Rúa. O programa de espectáculos que se organizarán en espazos abertos da cidade os sábados e domingos do mes foi presentado pola concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, e o Mago Antón.
No noso barrio será…
Sábado 13 Setembro no Campo da Leña
+ Máis datas e lugares aquí.
O grupo Trapallada do barrio obreiro de Monte Alto sacan un novo traballo baixo o título de “Trapallada: 15002 Espíritu de Loita”. Pódese mercar nos seguintes locáis: