Presentación libro-disco “A Caza Do Ghazafello”

Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto, haberá comida a eito, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas… E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras. (Xurxo Souto)

· Día: Venres 10 Febreiro

· Hora: 18:30

· Lugar: Biblioteca Pública Campo de Marte s/n

Clases De Gaita

 

O vindeiro Venres 3 de Febreiro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Pública Campo de Marte (sede da AVV Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules) comezarán as clases de gaita até as 20:00 horas. O prezo son 15 euros por persoa/mes e aínda podedes apuntarvos. Para máis información 981 – 222 635.

PROPOSTAS E NECESIDADES VIXENTES NO BARRIO DE MONTE ALTO

Dentro do documento de peticións ou propostas, un documento vivo que estase a elaborar día a día coas vosas achegas, feitas ó concelleiro de barrio, resaltamos as máis importantes:

URBANISMO:

  • Plan de pavimentación e  acondicionamento de beirarrúas en mal estado (Adelaida Muro, Pedro Galán Calvete, etc…)
  • Solución ós cruces viarios dificultados pola escasa visibilidade (Perpendiculares a Avenida de Hércules, Marconi/Rúa da Torre, Cantábrico/Adelaida Muro, Intersección da Avenida de Hércules coa Rúa da Torre)
  • O problema de aparcamento no barrio, garantindo unha praza de aparcamento por vivenda nova construída, e maior vixilancia policial.
  • Redistribución e dotación de novas zoas de carga e descarga axeitadas á realidade actual do comercio no barrio.
  • PLAN INTEGRAL DO TENDIDO DAS INSTALACIÓNS. (Eliminación das baixantes de pluviais que rematan directamente nas beirarrúas á vez que se arranxen as beirarrúas, eliminación do tendido eléctrico aéreo por fachadas, trocar os tramos de fibrocemento que aínda existen na rede de abastecemento de auga…)
  • DOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO MOBLAXE URBANO NAS PRAZAS E XARDÍNS. (Bancos en xardíns vencellados ás sombras, xogos infantís no Campo de Marte, Campo da Leña e xardín do cemiterio, fontes no xardín do Poligono de Durmideiras, aparatos de traballo psicomotriz para os nosos maiores, puntos de aparcamento de bicicletas, etc…)
  • CATALOGACIÓN DE CONTINUOS DE EDIFICACIÓN QUE TEÑAN INTERÉS  POLAS SUAS CUALIDADES ARQUITECTÓNICAS E AMBIENTAIS
  • PLAN DE REXENERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS.
  • PROBLEMÁTICAS XERADAS POLAS OBRAS ABANDOADAS. (Feches de obras em mal estado, acumulación de auga en obras que teñen feita excavación, andamios que levan máis de dez anos ocupando a beirarrúa, guindastres abandoados nas obras, etc…)
  • O posicionamento deste colectivo veciñal e totalmente contrario ó desenvolvemento do Polígono da Agra de Santo Amaro.
  • Activar o proceso de xeración dunha área metropolitana.

MEDIO AMBIENTE:

  • Dotación dun punto limpo para o barrio seguindo a proposta do PXOM. (Completar o servizo de punto limpo móvil, establecer un calendario fixo e estable das recollidas, campaña informativa sobre o teléfono para a recollida de enseres, sensibilizar á población sobre o beneficio da separación do lixo en orixe).
  • Alumeado eficiente.
  • Mantemento dos exemplares arbóreos do Campo de Marte e dos do corredor verde de Orillamar.
  • Pranta de reciclaxe de Nostián. ( Rebaixar a porcentaje do 65% de lixo non reciclado, trocar o  modelo actual que ten como produto final un compost que non cumpre os parámetros para a súa comercialización, tendo que pagar polo seu traslado a factorías de elaboración de fertilizantes)
  • Campaña de supresión dos vehículos abandoados.

MOBILIDADE

  • Autobús especial Universidade
  • Ampliación do percorrido da liña Nº5, pasando pola ronda de Monte Alto.
  • Ampliación da rede de plataformas de préstamo de bicicletas
  • Estudo de mobilidade

CULTURA, SOCIEDADE E EMPREGO

  • Recuperar o Cárcere Provincial para a cidadanía como equipamento público que teña como finalidade albergar usos sociais e culturais que veñan a subsanar as carencias do barrio e da cidade.
  • PLAN DE APOIO Ó PEQUENO COMERCIO
  • VIVEIROS DE pequenas  EMPRESAS PARA EMPRENDEDORES aproveitando os locais de titularidade pública que non teñen un uso asignado.
  • GARDERÍAS E CENTROS DE DÍA. ( Adecuar as prazas disponibles á demanda real da sociedade)
  • APERTURA DAS ÁREAS DE XOGO DOS EQUIPAMENTO EDUCATIVOS PÚBLICOS NOS HORARIOS NON LECTIVOS.
  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ. (Avanzar nun modelo participativo real).
  • POLICÍA DE BARRIO

ORDENANZAS MUNICIPAIS

  • INCIDIR NO CUMPRIMENTO DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS CANINAS
  • ESTUDAR EN PROFUNDIDADE A ORDENANZA MUNICIPAL QUE REGULA A  INSTALACIÓN DE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓBIL

ACTIVIDADES PROPOSTAS DENTRO DO PROGRAMA NOCTURNIA NA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MONTE ALTO:

Reciclaxe téxtil: 14 de outubro de 2011 das 21.00 ás 23.00 h. Dinamizado por Colectivo Precicla!

-Bisutería con abalorios: 11 de novembro de 2011, das 21.00 ás 23.00 h. Dinamizado por Juven Novo

-Macramé: 26 de novembro de 2011, das 21.00 ás 23.00 h. Dinamizado por Juven Novo.

Estas actividades estarán dirixidas a moz@s de 12 a 30 anos.

Para máis información: www.coruna.es

Cárcere da Torre: Asemblea no Paraninfo o Sábado 18 ás 11:30

Dende a Asociación de Veciñas e Veciños Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules anunciamos que iste Sábado 18 de Decembro ás 11:30 haberá unha asemblea no Paraninfo da Universidade (No edificio do Reitorado, na Maestranza) para falar do Cárcere da Torre como centro socio-cultural.

Dubidas, consultas ou suxerencias: proxetocarcere@gmail.com

O Antigo Cárcere Provincial Como Centro Socio-Cultural

A Asociación de Veciñas e Veciños de Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules felicita a toda-las entidades e persoas que asistiron o pasado fin de semana ao “”Encontro sobre novos modelos participativos de xestión cultural” promovido pola Concellaría de Cultura no Salón de Actos do Instituto Anxel Casal.

Como se acordou o Sábado ao remate do encontro, dende a Asociación Veciñal informaremos, a través do blogue ou por medio do enderezo electrónico, das vindeiras xuntanzas onde calquera persoa ou entidade poderá facer as súas aportacións.

Agardamos que participedes activamente nunha loita longa e difícil que ten como fin o de transformar a sociedade a través da cultura e o coñecemento.

Moitas gracias,

Xunta Directiva Asociación Veciñas e Veciños Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

aa.vv.montealto@gmail.com

Grazas polos apoios!

facebook

Nun par de semanas o grupo do Facebook “Queremos que o Cárcere da Torre sexa un Centro Cultural”, xa conseguiu o apoio de 1002 persoas. A día de hoxe contamos co ciber-apoio de 400 persoas. Se aínda non asinaches podes facelo en http://barriomontealto.blogaliza.org/apoio-carcere-provincial-centro-cultural/ Recordade que é moi importante que poñades o D.I. coa letra: XXXXXXXX-G (p.e.)

Moitas grazas!!!

Axenda Cultural

Dende a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña chéganos o seguinte correo:

  • CICLO DE POESÍA “POETAS DI(N) VERSOS”:

– Casa da Cultura “Salvador de Madariaga” (Durán Loriga, 10)

Martes 17:  LUIS EDUARDO AUTE + LUCÍA ALDAO. Horario: 20:30. Entrada: De balde até completar.

  • MÚSICA:

– Forum Metropolitano:

Luns 16
CICLO FORUMFOLK
COVALBLU: “MAI”
Función: 21:00
Entradas: 5 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 3 €)

  • TEATRO:

– SAMAÍN NO FORUM:

FESTA DO PROGRAMA DE LECER: “EDGAR ALLAN POE, UN MISTERIO POR RESOLVER”. Martes 17, de 18:30 a 20:00

– ENCONTRO DE NOVOS ESCRITORES/AS:“EU OU NÓS?”:

Venres 20 e sábado 21, no Castelo de Santa Cruz Podedes consultar o programa en www.aelg.org

– Recital poético-musical: con Eduardo Estévez, Alicia Fernández, Antía Otero, Mario Regueira e Elvira Riveiro + Colectivo Oruga.
Sábado 21, na Fundación Luís Seoane:
Horario: 18:00
Entrada:libre até completar capacidade
Organiza: Asociación de Escritores en Lingua Galega

Monte Alto érguese polo Cárcere da Torre!

carcere

Fonte: Xornal de Galiza

Veciños da Coruña rebélanse contra o “uso elitista” do vello cárcere

Reivindican a “factoría cultural” que prometera o Concello e rexeitan a utilización privada

Os veciños de Monte Alto levan oito décadas soportando un cárcere no barrio. Agora que o uso da prisión da Torre pasará definitivamente ao poder municipal néganse a ter de novo un edificio de portas pechadas. A asociación veciñal rebélase contra o proxecto de rehabilitar o edificio como parador nacional que abandeira o alcalde, Javier Losada. “Cremos que iso significaría privatizar o uso da instalación para elites”, denuncia José Ucha, presidente da asociación, que leva unha semana recollendo apoios para a súa proposta de reservar a instalación só para destinos totalmente públicos e culturais.

Ademais de recoller sinaturas contra o parador, a asociación veciñal de Monte Alto entregará ao Concello a próxima semana o que cren que debe ser o proxecto de usos para a antiga prisión provincial, que aínda alberga reclusos de terceiro grao que pasarán ao recén inaugurado centro de inserción social (CIS). A idea de base é a “gran factoría cultural” que estaba consensuada entre o goberno local e os veciños e que mesmo figuraba no programa electoral de Losada. “Estamos redefinindo e actualizado un proxecto que xa fixéramos, pero o que queremos é isto que sexa un foco de atracción e difusión da cultura e cubra as carencias de espazos para a xente nova que hai na zona”, explica Ucha.

A cesión do cárcere da Torre ao Concello por parte de Institucións Penitenciarias asinouse en 2005, pero agora que queda definitivamente baleira (coa posta en marcha do CIS) é cando se fará efectivo o convenio. O Concello ten acordado que unha parte da antiga prisión provincial se habilite como centro de interpretación da Torre de Hércules, como así llo recomendou a Unesco este verán cando declarou o faro Patrimonio da Humanidade. O debate agora está no resto do espacioso edificio. Os técnicos de Paradores Nacionales xa están estudando a súa viabilidade como aloxamento pintoresco, a petición do rexedor. En cambio, o seu socio de goberno, o nacionalista Henrique Tello, xa cuestionou este fin e afirmou que sería máis ventaxoso crear “un Guggenheim”, un foco de atracción cultural.

Sen tantas pretensións, os veciños da zona reclaman locais de ensaio e recintos multifuncionais que consigan crear “un centro vivo”. Consideran que “un parador non vai dinamizar a zona nin cubrir as carencias que ten”.

A mobilización social a prol dun uso netamente público para o antigo cárcere segue vías tradicionais coma a recollida de sinaturas (350 na primeira semana) e outras máis tecnolóxicas apoiadas nas redes sociais. De feito, en Facebook* hai un grupo de persoas en contra de converter nun parador o cárcere da Torre ao que en sete días se adheriron 750 membros. A asociación non descarta máis mobilizacións.

* Actualmente o grupo Facebook conta con 801 membros.