Archives byComisión de Festas

Resumo, avaliación e agradecementos

Se por algo se caracterizou sempre Monte Alto é pola loita constante e a solidariedade da súa xente. Rúas como Traballo, Independencia, Liberdade ou lugares como o Campo de Marte e o Campo da Leña son reflexo de aquel antigo barrio obreiro que se erguía aos pés da Torre de Hércules…

Ler o artigo completo…

Comentarios (3)

ABERTINHO DE MONTE ALTO

O sábado 6 de setembro, con motivo das festas, tivo lugar, no patio do colexio Curros Enríquez, o primeiro Abertinho de Billarda do barrio de Monte Alto. A resposta por parte da xente foi impresionante e ata os máis pequenos se atreveron a xogar a este deporte tradicional galego.

Comentarios

E seguimos coas fotos…

Paremos a EspeculaÇom + Mulheres Livres e Felices

Actuación de música e danza senegalesas

Carreiras de Sacos


Ensaios Grupos

Obradoiro de globos e malabares

Posto do C.S.A. Atreu!

Comentarios

Algunhas fotos máis

Hoxe subimos outras poucas fotos das festas do sábado. Agardamos que disfrutárades con elas. Persoalmente estamos moi contentos cá resposta dos veciños e a xente da cidade. Outro ano máis Monte Alto demostrou que a súa lenda é ben merecida.

Mesa de luces e son: Montada

Escenario: Montado

Fala que quero ouvir-te

Paremos a EspeculaÇom

Comentarios

Fotos montaxe e primeiras da festa

Seguimos “restransmitindo en directo” as festas do noso barrio. Agora subimos outras fotos da montaxe e as primeiras do lanzamento de foguetes e a alborada.

Así estaba o escenario onte a noite…

E así é como o atopamos esta mañá…

Foguetes de palenque anunciando as festas…

O comezo da festa cos Gaiteiros dos Mallos…

E seguimos traballando arreo pra que esta tarde esté todo listo…

Estade atentos porque seguiremos informando…

Comentarios

Primeiras fotos da montaxe

Subimos as primeiras fotos da montaxe para a festa de mañá. A medida que avance a xornada publicaremos máis. Un saudo dende a Comisión de Festas.

Haima onde estará a barra

Dentro dunhas horas aquí haberá un escenario

E non poden faltar os víveres….

As camisolas listas pra ser mercadas…

Comentarios

Moitas Gracias

Dende a Asociación de Veciños de Monte Alto queremos agradecer a todas as persoas e entidades que aportaron o seu gran de area pra facer as festas do noso barrio. Moitas gracias, de verdade.

· Tamén colaboraron o Kiosco da Señora Hortensia “O Carrito” e Comestibles Isabel. Ambos situados na Vereda do Polvorín.

· Preme sobre a foto para agrandala.

Comentarios

Festas de Monte Alto na Galega

Onte a Galega fíxose eco das festas do noso barrio e foron anunciadas durante o parte do mediodía no telexornal local da Coruña. Podedes vela clicando aquí.

Comentarios

Rolda de Impresa

O martes día 2 de setembro terá lugar unha rolda de impresa no local da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte s/n, Biblioteca Pública) no que presentaremos oficialmente o programa de festas de este ano.

Comentarios

Festas Barrio de Monte Alto 2008

Por fin chegou o momento de presentar o cartaz das festas do Barrio de Monte Alto para este ano 2008. Cunha programación que mestura a diversión co coñecemento. Amenizada por diferentes estilos musicais que van dende o folk tradicional galego ata o Ska, Reggae, Fusión ou os ritmos tropicáis. Todo de balde e cuns precios de barra totalmente populares.

Cando? Pois o vindeiro 6 de setembro. Onde? Pola mañá no entorno da Torre de Hércules e pola tarde no Campo de Marte do barrio obreiro de Monte Alto. Quen? A Asociación de Veciños Monte Alto - Atochas - Torre de Hércules en colaboración co Centro Social Autoxestionado Atreu, a Concellaría de Cultura, a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a Concellaría de Deportes, Caixanova e Estrela Galiza. A que hora? A partires das 10 da mañá ata ben entrada a noite.

Bombas de palenque, gaiteiros, xuventude, deportes, comida, bebida, contracultura, obradoiros, verbena, música tradicional, música do Senegal, ska, reggae, fusión e ritmos tropicáis no noso barrio e para toda a xente que se queira achegar.

Tamén poderedes mercar as nosas camisolas especiáis da festa no posto da Asociación de Veciños:

· Nota: Podes ver o cartaz pulsando sobre a imaxe do mesmo.

· MySpace Banda Potemkin

· MySpace Dandy Fever

Comentarios

« Previous Entries