Archives byComisión Urbanismo

Obras nas rúas Adelaida Muro e Ramón del Cueto

A COMISIÓN DE URBANISMO rexistrou na Área de Urbanismo do Concello da Coruña, unha compilación das denuncias, queixas e suxestións, que os veciños afectados polas obras de Adelaida Muro e Ramón del Cueto queren facer chegar á Ilma. Sra. Dª Mª del Mar Barcón Sánchez , Concelleira Delegada de Urbanismo.

As queixas veciñais concrétanse na falta de seguridade nas obras da promoción que afecta os números 3,5,7,9,11,13,15,17 e 19 da rúa Ramón del Cueto, conxuntamente cos números 4,6 e 8 de Adelaida Muro. Ademais de malas actuacións por parte da xente que traballa na citada promoción, falta total de información e o inicio dun posible problema de sanidade pública. No traballo de campo feito pola Comisión de Urbanismo, Medio Ambiente e Infraestructuras, desta Asociación de Veciños. Non se puido constatar ningún dato da actuación urbanística xa que non aparece o preceptivo cartel de obra ou licencia de demolición, do calse poda deducir nin o número de licencia, nin a natureza da mesma, e tampouco datos da promoción ou o técnico responsable da obra.

_e(’Ler o resto desta anotación »’)

Comentarios

Instalación de ascensores en edificios antigos

Fonte: Concello Da Coruña

A Asociación de Vecinos do Agra recolleu 3.500 firmas de cidadáns de diferentes barrios da Coruña

O concelleiro de Vivenda reúnese cos veciños que reclaman a instalación de ascensores en edificios antigos

O concelleiro de Rehabilitación Urbana e Vivenda, Mario López Rico, reuniuse con dous representantes dos promotores da recollida de firmas para poder dotar de ascensores aos edificios antigos.

A iniciativa, posta en marcha polos veciños da cidade co apoio da Asociación de Vecinos da Agra, solicitou un total de 3.500 firmas de cidadáns de diferentes barrios da Coruña.

O problema da accesibilidade dos edificios afecta fundamentalmente a aquelas zonas máis poboadas, con inmobles de máis de 30 anos, contruídos na época do desenvolvismo e na que se deu un crecemento urbanístico desmesurado. Vecinos que entón podían subir a pé mesmo o terceiro ou cuarto andar, agora atopan graves dificultades para acceder á súa vivenda, que carece, en moitos dos casos, de ascensores. Barrios especialmente afectados por esta sintuación son A Agra, Vos Mallos, A Sacra Familia, Ou Castrillón, Labañou ou Monte Alto.

Neste sentido, López Rico recolleu as firmas dos veciños e comentou cos promotores da iniciativa as posibilidades legais para a dotación de ascensores aos inmobles e as propostas sobre as que traballa a Concellaría de Rehabilitación Urbana e Vivenda de cara o leste obxectivo.

Comentarios

Obras en Ramón Del Cueto

Hoxe ás 20:30 horas, terá lugar unha “Asemblea Aberta” no local da Asociación de Veciños (Campo de Marte s/n) no que abordará a problemática do comezo da macro obra situada no entorno de Ramón del Cueto. Dita reunión servirá para prestar asesoramento aos residentes sobre cómo defender os seus dereitos e as súas propiedades ante eventuais abusos construtivos ou danos materiais nas súas vivendas.

Comentarios

Hoxe reunión co Grupo Municipal Do PP

A Asociación de Veciños De Monte Alto reúnese hoxe, xoves 9 de outubro, co Grupo Municipal do PP para presentarlle o dossier urbanístico elaborado recentemente pola entidade veciñal.

Esta tarde, ás 18:00 horas, no Local do Grupo Municipal do PP (sito no Pazo de María Pita), terá lugar unha reunión na que se abordará o estudo do Dossier recentemente elaborado pola Asociación de Veciños en materia de urbanismo, infraestruturas e medio ambiente.

Dita reunión enmárcase dentro da campaña de sensibilización promovida desde a entidade veciñal e pretende tanto dar a coñecer as eivas e deficiencias en materia de infraestruturas e urbanismo, así como buscar complicidades coas diferentes organizacións políticas a fin de atopar un equilibrio entre a actividade construtiva e os dereitos dos residentes, moitas veces vulnerados pola prepotencia dalgúns promotores que actúan, coa permisividade institucional, ao fío da legalidade cando non na máis absoluta ilegalidade.

Comentarios

Entrega aos Grupos Municipais do Dossier de Urbanismo

A Asociación de Veciños de Monte Alto informa de que na mañá do dia de hoxe fíxoselle entrega aos Grupos Municipais do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG do recen elaborado DOSSIER DE URBANISMO elaborado pola Comisión de Urbanismo da Asociación.

A pretensión da Asociación de Veciños de Monte Alto é manter reunións de traballo cos Grupos Municipais de cara a poder ordenar a actividade urbanística e infraestrutural no barrio.

Comentarios

Reunión co Concelleiro de Vivenda e Rehabilitación Urbana

Esta tarde a Comisión Veciñal de Urbanismo manterá unha reunión co Concelleiro de Vivenda da Coruña ás 19:30 horas no local da Asociacion de Veciños do Campo de Marte.

Dita reunión servirá para intercambiar opinións sobre as propostas en materia de rehabilitación emanadas do Departamento de Vivenda e Rehabilitación para o barrio de Monte Alto así como para presentar o recén elaborado dossier sobre infraccións urbanísiticas e excesos construtivos, deficiencias en infraestruturas e en materia medio ambiental elaborado pola Asociación de Veciños.

Comentarios

Reunión da Asociación de Veciños de Monte Alto co grupo municipal do BNG

A Comisión de urbanismo da Asociación de Veciños De Monte Alto reunirase en breves días co grupo municipal do BNG a fin de tratar sobre a proposta de “PERI” que os nacionalistas teñen para o Barrio De Monte Alto, así como tamén para afrontar os excesos constructivos no Barrio.

_e(’Ler o resto desta anotación »’)

Comentarios

Incumprimento da orde de paralización inmediata das obras en Adelaida Muro 80-82

A Comisión De Urbanismo da Asociación de Veciños de Monte Alto pon en coñecemento do Concello o incumprimento da orde de paralización inmediata das obras en Adelaida Muro 80-82.

A Asociación de Veciños levará á fiscalía a actuación da empresa e do Concello se este último non paraliza de inmediato a obra.

A A. VV. de Monte Alto esixe do Departamento de Urbanismo unha actuación contundente para a paralización real da obra  así como a posta en coñecemento da Fiscalía da negativa da empresa construtora a cumprir a resolución municipal. De non actuar o Concello neste sentido, será, a vindeira semana, a propia A. VV. a que poña en coñecemento do MINISTERIO FISCAL tanto a actuación insubmisa da empresa como a permisividade do Concello cara á mesma.

Comentarios

Nota prensa urbanismo

A Asociación de Veciños de Monte Alto desexa informar de que a súa recentemente constituída COMISIÓN DE URBANISMO está a elaborar un dossier sobre infraccións urbanísiticas e excesos construtivos, así como sobre deficiencias en infraestruturas e en materia medio ambiental.

A falta da conclusión definitiva do dossier, a Asociación de Veciños tira as seguintes conclusións provisionais:

1º.- Excesiva permisividade ás construtoras no cumprimento da legalidade vixente.

2º.- Deterioro infraestrutural en beirarrúas e pavimentado e carencias de servizos en parques.

3º.- Necesidade dun punto verde no barrio.

4º.- Humanización do barrio coa plantación de árbores nas beirrarúas.

Comentarios