REXEITADA A SOLICITUDE DE LICENCIA PARA CONSTRUIR NA AGRA DE SAN AMARO

A  AA.VV. de Monte Alto amosa a súa satisfacción polo rexeitamento do recurso iniciado por un dos promotores da Agra de S. Amaro, xa que entende que o marco da Torre  ten que quedar libre de máis edificacións, como expresou no momento de facer as alegacións ó PXOM, intre no que manifestou a súa total oposición á  aparición de bloques de 8 alturas na contorna da Torre de Hércules.

Que a actual equipa de goberno manteña a mesma posición que a anterior ó respecto da denegación da licencia de construcción na Agra de S. Amaro, é algo tranquilizador. A única actuación que podería ter sentido en tal contorna sería a de pór en valor o ámbito da Torre de Hércules, como espazo natural de esparcimento da cidadanía.

Só a calificación do Polígono da Agra de S. Amaro como espazo libre de titularidade pública, daría a solución á xeración dunha zona verde ó tempo que permitiría dar cumprimento ás directrices e recomendacións da UNESCO de eliminar os volumes e elementos construídos que limiten o campo visual  e de percepción do monumento. Como sería o caso do Frontón da Cidade Deportiva Municipal da Torre de Hércules.

O colectivo veciñal entende que o Informe da Comisión Territorial de Patrimonio, previo á  concesión de calquera  licencia de obra a realizar en ditas contornas, é unha salvagarda para manter  un patrimonio de interés para Galicia.

O proceso de redacción e aprobación  do PXOM é o intre oportuno de dar unha solución definitiva a este enfrentamento entre promotores e Concello.

ASF Galicia organiza un Obradoiro de análise crítica metropolitana

A ONG para o desenvolvemento Arquitectura Sen FronteirasGalicia (ESF Galicia) organizará un obradoiro co que pretende presentarse e dar a coñecer e achegar a todo o público en xeral,a  capacidade de incisión na realidade dende o diagnóstico crítico do territorio e o posicionamento profesional comprometido. O obradoiro forma parte do seminario “Hábitat a escala human” que baséase na construcción do hábitat dende unha perspectiva humana articulando as diferentes escalas: a escala micro coa escala macro, os seres humanos coa natureza e a tecnoloxía, o individual co social, a autonomía coa planificación, a sociedade civil co Estado…

 

 

A cita será no salón de Actos da ETSAC, facultad de Arquitectura,  Campus de Elviña, s/n. A Coruña.

O Programa do Obradoiro será:
Venres 14 Outubro. 16:00 h. Presentación do Obradoiro
Sábado 15 Outubro. 9:00 – 14:30 h Debate sobre a metodoloxía / Traballo de campo / Grupos de deriva
Xoves 20 Outubro. 10:00 – 14:00 h Sesión de traballo comunitario
Sábado 22 Outubro. 10:00 – 14:00 h Traballo de campo / Grupos de deriva
Xoves 27 Outubro. 16:00 – 21:00 h Sesión de traballo comunitario
Venres 28 Outubro. 19:00 – 20:30 h Presentación das conclusións do obradoiro

 

 A asistencia ao obradoiro está limitada a 30 persoas, polo que é necesaria inscripción previa, é de balde

Para máisinformacións: http://habitatsocial.coop/obradoirolitoral/

http://galicia.asfes.org/HaEH/HaEH-presentacion

A xornada do Sábado 15 de Outubro terá lugar no local da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules

APARCADOIRO SOTERRADO NA RÚA PELAMIOS

A Asociación de Veciños solicita unha cita co Concelleiro de Barrio para coñecer con detalle a realidade do proxecto do aparcadoiro soterrado na Rúa Pelamios, no momento actual. Tentando ter mellor coñecemento sobre:

_ consulta de interesados e a súa posible ampliación.

_ custo da praza de aparcamento en réxime de concesión.

_  período da concesión.

_ custo da praza de aparcamento no intre de renovar a concesión,

unha vez amortizada a construción do aparcadoiro.

_ resultado da futura actuación na superficie da rúa Pelamios.

_ pervivencia das prazas de aparcamento en superficie non suxeitas a

a réxime de zona hora.

_ urbanización da rúa Pelamios.

EMVSA- PLAN DE APARCADOIROS 2012-2015

Un dos grandes obxectivos de Emvsa é o Plan de Aparcadoiros 2012-2015. Carlos Negreira avanzou que este proxecto permitirá analizar en profundidade e “identificar as necesidades de aparcamento“ na cidade. Neste senso, xa se  avanzou  na futura execución dos subterráneos de As Conchiñas,  hospital Materno- Infantil e  de Orillamar.

O párking de As Cochiñas está na  súa recta final. Dispondrá de 300 prazas (a metade en venta en concesión e a outra metade para uso público en rotación). O prezo das plazas en concesión situaráse entre los 18.000 y los 20.000 euros.

No caso de Orillamar, téñense recibido 100 solicitudes para as 95 prazas de estacionamento proxectadas. O obxectivo é empezar as obras no segundo trimestre de 2012 a data final dependerá do  estudo xeotécnico que se acaba de contratar-, cun prazo de execución dun ano.

No caso do Materno-Infantil, o estacionamento terá capacidade para 300 vehículos, exclusivamente en rotación, con tarifas máis sociales.

Servicio de bicicletas, en máximos históricos

O alcalde comprometeuse a mellorar as infraestruturas do servizo público de préstamo de bicicletas, que depende de Emvsa. También suliñou que en setembro alcanzaronse cifras récord, con 16.413 usos, que supón  un incremento del 21% con respecto a xullo, cuando se chegaron ós 13.515 usos.

Grazas polos apoios!

facebook

Nun par de semanas o grupo do Facebook “Queremos que o Cárcere da Torre sexa un Centro Cultural”, xa conseguiu o apoio de 1002 persoas. A día de hoxe contamos co ciber-apoio de 400 persoas. Se aínda non asinaches podes facelo en http://barriomontealto.blogaliza.org/apoio-carcere-provincial-centro-cultural/ Recordade que é moi importante que poñades o D.I. coa letra: XXXXXXXX-G (p.e.)

Moitas grazas!!!

El Gobierno no descarta mejorar la rampa del Matadero si el Ayuntamiento lo pide

Fonte: El Ideal Gallego

El Ministerio de Medio Ambiente deja abierta la posibilidad de mejorar la accesibilidad de los accesos a la playa del Matadero, siempre que el gobierno municipal se lo solicite. Así lo aclaró en la respuesta ofrecida a las preguntas presentadas en el Congreso por la diputada popular, Belén do Campo. En el escrito, el Gobierno no descarta “atender aquellas peticiones, conjuntamente con el Ayuntamiento de A Coruña, solicitadas por las asociaciones de discapacitados y vecinales, que completen esta actuación que contribuirá a mejorar el litoral de A Coruña y su accesibilidad”.

Además, apunta la conservadora, el Estado, al afirmar que “el proyecto fue redactado conjuntamente con el Ayuntamiento”, “pone en evidencia” que el gobierno local participó en todo momento en el diseño del proyecto final, “por lo que no se entiende que no haya hecho un esfuerzo especial para garantizar la accesibilidad de la rampa, aunque esto supusiera un mayor coste, ya que asegurar que las personas con movilidad reducida puedan disfrutar de nuestras playas no tiene precio”, apunta la diputada.

Los populares entienden que las dificultades técnicas deben superarse y nunca pueden suponer un límete para que el proyecto final que se ejecute sea el mejor. Por ello, la representante del PP en la Cámara Baja insta al ejecutivo municipal a buscar una solución “que permita que el gran esfuerzo económico y técnico que se ha hecho para mejorar y dotar de más servicios a la playa del Matadero no se quede a medias”.

Asimismo, reclama que se trabaje para buscar una solución técnica que permita reducir la pendiente o buscar alguna otra alternativa para que las personas con movilidad reducida “no queden excluidas a la hora de poder acceder a una playa que es de todos los coruñeses”.

De esta forma, con su iniciativa en el Congreso, el PP apoya las reivindicaciones planteadas por los vecinos de Monte Alto y por los colectivos de discapacitados.

Monte Alto érguese polo Cárcere da Torre!

carcere

Fonte: Xornal de Galiza

Veciños da Coruña rebélanse contra o “uso elitista” do vello cárcere

Reivindican a “factoría cultural” que prometera o Concello e rexeitan a utilización privada

Os veciños de Monte Alto levan oito décadas soportando un cárcere no barrio. Agora que o uso da prisión da Torre pasará definitivamente ao poder municipal néganse a ter de novo un edificio de portas pechadas. A asociación veciñal rebélase contra o proxecto de rehabilitar o edificio como parador nacional que abandeira o alcalde, Javier Losada. “Cremos que iso significaría privatizar o uso da instalación para elites”, denuncia José Ucha, presidente da asociación, que leva unha semana recollendo apoios para a súa proposta de reservar a instalación só para destinos totalmente públicos e culturais.

Ademais de recoller sinaturas contra o parador, a asociación veciñal de Monte Alto entregará ao Concello a próxima semana o que cren que debe ser o proxecto de usos para a antiga prisión provincial, que aínda alberga reclusos de terceiro grao que pasarán ao recén inaugurado centro de inserción social (CIS). A idea de base é a “gran factoría cultural” que estaba consensuada entre o goberno local e os veciños e que mesmo figuraba no programa electoral de Losada. “Estamos redefinindo e actualizado un proxecto que xa fixéramos, pero o que queremos é isto que sexa un foco de atracción e difusión da cultura e cubra as carencias de espazos para a xente nova que hai na zona”, explica Ucha.

A cesión do cárcere da Torre ao Concello por parte de Institucións Penitenciarias asinouse en 2005, pero agora que queda definitivamente baleira (coa posta en marcha do CIS) é cando se fará efectivo o convenio. O Concello ten acordado que unha parte da antiga prisión provincial se habilite como centro de interpretación da Torre de Hércules, como así llo recomendou a Unesco este verán cando declarou o faro Patrimonio da Humanidade. O debate agora está no resto do espacioso edificio. Os técnicos de Paradores Nacionales xa están estudando a súa viabilidade como aloxamento pintoresco, a petición do rexedor. En cambio, o seu socio de goberno, o nacionalista Henrique Tello, xa cuestionou este fin e afirmou que sería máis ventaxoso crear “un Guggenheim”, un foco de atracción cultural.

Sen tantas pretensións, os veciños da zona reclaman locais de ensaio e recintos multifuncionais que consigan crear “un centro vivo”. Consideran que “un parador non vai dinamizar a zona nin cubrir as carencias que ten”.

A mobilización social a prol dun uso netamente público para o antigo cárcere segue vías tradicionais coma a recollida de sinaturas (350 na primeira semana) e outras máis tecnolóxicas apoiadas nas redes sociais. De feito, en Facebook* hai un grupo de persoas en contra de converter nun parador o cárcere da Torre ao que en sete días se adheriron 750 membros. A asociación non descarta máis mobilizacións.

* Actualmente o grupo Facebook conta con 801 membros.

Segue adiante o proxecto Galescola + Centro Día

galescola2

No mes de decembro do 2008 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza anunciaba a construción dunha Galescola e un Centro de Día no Barrio de Monte Alto e Eirís.

Onte, a actual conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, colocou a primeira pedra “simbólica” na rúa Oleoducto.

Tentaremos manter ao día a todas e todos as veciñas e veciños do barrio sobor diste asunto.

Por outra banda anunciar que seguimos a buscar apoios prá que o Cárcere da Torre sexa un Centro Cultural Multidisciplinar e serva de apoio á Torre de Hércules prá promocionarse no mundo enteiro como Patrimonio da Humanidade que agora é. Pensamos que o do Centro de Día, posto que xa se vai facer xunto coa galescola, non ten moito sentido metelo no actual proxecto de remodelación do Cárcere máis seguiremos loitando porque se faga.

Gostaríanos coñecer tamén un pouco a opinión das veciñas e dos veciños sobor diste asunto. Por iso podedes facernos chegar os vosos correos a carceretorrecentrocultural@gmail.com

A reforma das Atochas e o Campo da Leña estará lista a finais do 2010

Proxecto Campo da Leña

Fonte: La Voz De Galicia

Rehabilitación peonalizará parte de Panadeiras, eliminará a estatua de Millán Astray e non alterará o túnel

Mario López Rico, concelleiro de Rehabilitación, deu a coñecer onte o proxecto elixido para a reforma dos espazos comprendidos polas prazas de España, Millán Astray, Marqués de San Martín e a costa de San Agustín, cuxa reforma estará lista, se se cumpren as previsións, a final do 2010. Entre as 21 propostas que se presentaron ao concurso de ideas, o xurado seleccionou a asinada por Francisco Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco , que terán dous meses para redactar o proxecto definitivo.

Segundo indicou López Rico, o xurado valorou especialmente a integración do tráfico de vehículos e peóns, o mantemento de todas as especies arbóreas e a implantación doutras novas, ademais de «a conexión de xeito intelixente dá praza de Millán Astray e a de España», que inclúe a peonalización da parte baixa, no primeiro tramo de Panadeiras. A iso súmase a conservación das topografías existentes e o tratamento dos espazos públicos, que converten a solución de Peña e Álvarez «nunha proposta realista e moi viable economicamente», engadiu o concelleiro. Cun orzamento próximo aos tres millóns de euros para a actuación, o edil sinalou que se refugou realizar grandes obras de infraestrutura, como a prolongación do túnel de María Pita.

Recordou tamén o edil de Rehabilitación que entre as bases do concurso figuraba cumprir coa lei da memoria histórica, de modo que, seguindo a intención xa anunciada polo goberno local, «as obras serán unha boa ocasión para retirar a estatua de Millán Astray».

Ademais da proposta gañadora, as dúas que obtiveron o segundo premio, obra de Salvueiro e Rossel, e o terceiro, de Freire e Vincent, coinciden coa que finalmente se executará na peonalización da parte baixa da praza de España, en Panadeiras.

As obras incluirán a creación dunha rotonda no viario que sae do túnel de María Pita cara a Atocha que quedará parcialmente cuberta a unha cota superior polo denominado miradoiro de San Agustín. Esta nova saída do subterráneo permitirá acceder á zona do mercado e á praza do Concello, e eliminará os coches que agora descenden fronte ao cuartel de Atocha cara a San Jorge. Desta forma, a praza de España e a de Millán Astray quedarán unidas por un paseo peonil.

Obras nas rúas Adelaida Muro e Ramón del Cueto

A COMISIÓN DE URBANISMO rexistrou na Área de Urbanismo do Concello da Coruña, unha compilación das denuncias, queixas e suxestións, que os veciños afectados polas obras de Adelaida Muro e Ramón del Cueto queren facer chegar á Ilma. Sra. Dª Mª del Mar Barcón Sánchez , Concelleira Delegada de Urbanismo.

As queixas veciñais concrétanse na falta de seguridade nas obras da promoción que afecta os números 3,5,7,9,11,13,15,17 e 19 da rúa Ramón del Cueto, conxuntamente cos números 4,6 e 8 de Adelaida Muro. Ademais de malas actuacións por parte da xente que traballa na citada promoción, falta total de información e o inicio dun posible problema de sanidade pública. No traballo de campo feito pola Comisión de Urbanismo, Medio Ambiente e Infraestructuras, desta Asociación de Veciños. Non se puido constatar ningún dato da actuación urbanística xa que non aparece o preceptivo cartel de obra ou licencia de demolición, do calse poda deducir nin o número de licencia, nin a natureza da mesma, e tampouco datos da promoción ou o técnico responsable da obra.

Sigue lendo