Obradoiro
Mañá, sábado 27 de decembro, no local da Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Biblioteca Pública Campo de Marte s/n), haberá un obradoiro de monicreques ás 11.30 horas. É totalmente gratuíto.
Mañá, sábado 27 de decembro, no local da Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Biblioteca Pública Campo de Marte s/n), haberá un obradoiro de monicreques ás 11.30 horas. É totalmente gratuíto.
Nos vindeiros días abrirá o Centro Quérote no barrio de Monte Alto. Estará situado na rúa Panadeiras ao carón da Casa Museo Casares Quiroga.
Información
A Rede de centros Quérote, Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual, teñen por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais.
Nos centros infórmase, asesórase e aténdese a mozos e mozas en temas de anticoncepción ou sobre as Enfermidades de Transmisión Sexual e intérvense para lograr un aumento da autoestima e dos niveis de satisfacción afectivo-emocionais e sexuais, centrándose no desenvolvemento sexual saudábel e de relación ingualitarias e para iso achégase información para posibilitar un maior autocoñecemento corporal, afectivo e sexual.
Con todo, na Rede de Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual non só se atende as necesidades informativas e de asesoramento dos e das máis novas –tanto nos propios centros como por vía telefónica ou on-line–, xa que os seus labores de orientación e información tamén se achegarán até os centros de ensino con actividades para o alumnado, para as nais e os pais e para os educadores.
O programa Quérote foi creado e promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta e está xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
+ Enderezo Web: http://www.querote.org/
O vindeiro sábado 20 de decembro, ás 11.30 horas, no local da Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Biblioteca Pública Campo de Marte S/N) haberá obradoiro de música tradicional galega. 12 prazas dispoñibles. Cumplimentar folla de inscrición no local da Asociación de Veciños/as ata o venres ás 20.00 horas.
O vindeiro sábado 20 de decembro, ás 17.00 horas, no local da Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Biblioteca Pública Campo de Marte S/N) teremos cine en galego para os cativos do noso barrio. Será totalmente gratuíto.
Contacontos infantil este sábado 13 de decembro, ás 11:30 horas, no local da Asociación de Veciñ@s Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules. Será gratuíto.
Este sábado 22 ás 11.30 da mañá haberá na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte S/N) un obradoiro de música tradicional galega. É totalmente gratuíto e vai dirixido a cativos e cativas de 6 a 10 anos. Para inscribirse é necesario cumplimentar o formulario de inscrición e entregalo na devandita Biblioteca xa sexa en horario de mañá (9.30 - 13.30 horas) ou de tarde (16.00 - 20.00 horas).
· Nota: Por problemas técnicos o formulario de inscrición está dispoñible na Biblioteca da Asociación e non no noso blogue como se anuncia no cartaz. Desculpen as molestias.
Presentamos o cartaz que a semana que ven estará en todas as rúas do noso barrio. Dous meses cheos de actividades tanto para cativos como adultos: contacontos, obradoiros, cine, xogos…
(Clicar sobor do cartaz pra amplialo)
Tamén podedes botarlle un ollo a un par de fotos da proxección de “O Bosque Animado” o pasado sábado 8 de novembro na Biblioteca da Asociación de Veciños (Campo de Marte S/N) clicando na ligazón especial da marxe dereita do blogue: Cine de Barrio.

Mañá á noite, ás 21.00 horas, no local da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte s/n), haberá un obradoiro de coiro dentro do programa Noite Nova organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.
Esta tarde ás 17.00 se proxectará na Asociación de Veciños a película “O Bosque Animado” coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística. A entrada é gratuíta.
Este sábado, ás 17.00 horas, haberá cine para cativos no noso barrio no local da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte s/n). A pelícla proxectada será “O Bosque Animado” e a entrada será totalmente de balde.
A actividade está organizada pola Asocición de Veciños Atochas-Monte Alto-Torre e Hércules coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.