O noso mercado

O mercado de Monte Alto foi construído nos anos 80 nun descampado de titularidade municipal neste barrio. As obras contaron cunha subvención da Xunta de 50 millóns de pesetas que posibilitou que no descampado se crease un edificio de dúas plantas e dúas plantas de aparcadoiro.

O mercado ademais dos tradicionais postos de peixes e carne, situados na primeira planta, e os de carne, ovos e froita, tamén incluía postos comerciais, na súa maioría na parte exterior do edificio.

Na actualidade executáronse obras de reforma neste mercado, coa renovación as instalacións da primeira planta están ocupadas polos postos tradicionais da praza de abastos, mentres que na planta baixa instalouse un supermercado (Gadis). Todas estas obras tiveron un orzamento de 1,4 millóns de euros.

Enderezo: Avenida de Hércules, C.P. 15002, A Coruña.

Teléfono: 981-25-69-65

Horario: Todos os días de 09.00 a 15.00 horas.

Máis información: Coruna.es