El Gobierno no descarta mejorar la rampa del Matadero si el Ayuntamiento lo pide

Fonte: El Ideal Gallego

El Ministerio de Medio Ambiente deja abierta la posibilidad de mejorar la accesibilidad de los accesos a la playa del Matadero, siempre que el gobierno municipal se lo solicite. Así lo aclaró en la respuesta ofrecida a las preguntas presentadas en el Congreso por la diputada popular, Belén do Campo. En el escrito, el Gobierno no descarta “atender aquellas peticiones, conjuntamente con el Ayuntamiento de A Coruña, solicitadas por las asociaciones de discapacitados y vecinales, que completen esta actuación que contribuirá a mejorar el litoral de A Coruña y su accesibilidad”.

Además, apunta la conservadora, el Estado, al afirmar que “el proyecto fue redactado conjuntamente con el Ayuntamiento”, “pone en evidencia” que el gobierno local participó en todo momento en el diseño del proyecto final, “por lo que no se entiende que no haya hecho un esfuerzo especial para garantizar la accesibilidad de la rampa, aunque esto supusiera un mayor coste, ya que asegurar que las personas con movilidad reducida puedan disfrutar de nuestras playas no tiene precio”, apunta la diputada.

Los populares entienden que las dificultades técnicas deben superarse y nunca pueden suponer un límete para que el proyecto final que se ejecute sea el mejor. Por ello, la representante del PP en la Cámara Baja insta al ejecutivo municipal a buscar una solución “que permita que el gran esfuerzo económico y técnico que se ha hecho para mejorar y dotar de más servicios a la playa del Matadero no se quede a medias”.

Asimismo, reclama que se trabaje para buscar una solución técnica que permita reducir la pendiente o buscar alguna otra alternativa para que las personas con movilidad reducida “no queden excluidas a la hora de poder acceder a una playa que es de todos los coruñeses”.

De esta forma, con su iniciativa en el Congreso, el PP apoya las reivindicaciones planteadas por los vecinos de Monte Alto y por los colectivos de discapacitados.

Monte Alto érguese polo Cárcere da Torre!

carcere

Fonte: Xornal de Galiza

Veciños da Coruña rebélanse contra o “uso elitista” do vello cárcere

Reivindican a “factoría cultural” que prometera o Concello e rexeitan a utilización privada

Os veciños de Monte Alto levan oito décadas soportando un cárcere no barrio. Agora que o uso da prisión da Torre pasará definitivamente ao poder municipal néganse a ter de novo un edificio de portas pechadas. A asociación veciñal rebélase contra o proxecto de rehabilitar o edificio como parador nacional que abandeira o alcalde, Javier Losada. “Cremos que iso significaría privatizar o uso da instalación para elites”, denuncia José Ucha, presidente da asociación, que leva unha semana recollendo apoios para a súa proposta de reservar a instalación só para destinos totalmente públicos e culturais.

Ademais de recoller sinaturas contra o parador, a asociación veciñal de Monte Alto entregará ao Concello a próxima semana o que cren que debe ser o proxecto de usos para a antiga prisión provincial, que aínda alberga reclusos de terceiro grao que pasarán ao recén inaugurado centro de inserción social (CIS). A idea de base é a “gran factoría cultural” que estaba consensuada entre o goberno local e os veciños e que mesmo figuraba no programa electoral de Losada. “Estamos redefinindo e actualizado un proxecto que xa fixéramos, pero o que queremos é isto que sexa un foco de atracción e difusión da cultura e cubra as carencias de espazos para a xente nova que hai na zona”, explica Ucha.

A cesión do cárcere da Torre ao Concello por parte de Institucións Penitenciarias asinouse en 2005, pero agora que queda definitivamente baleira (coa posta en marcha do CIS) é cando se fará efectivo o convenio. O Concello ten acordado que unha parte da antiga prisión provincial se habilite como centro de interpretación da Torre de Hércules, como así llo recomendou a Unesco este verán cando declarou o faro Patrimonio da Humanidade. O debate agora está no resto do espacioso edificio. Os técnicos de Paradores Nacionales xa están estudando a súa viabilidade como aloxamento pintoresco, a petición do rexedor. En cambio, o seu socio de goberno, o nacionalista Henrique Tello, xa cuestionou este fin e afirmou que sería máis ventaxoso crear “un Guggenheim”, un foco de atracción cultural.

Sen tantas pretensións, os veciños da zona reclaman locais de ensaio e recintos multifuncionais que consigan crear “un centro vivo”. Consideran que “un parador non vai dinamizar a zona nin cubrir as carencias que ten”.

A mobilización social a prol dun uso netamente público para o antigo cárcere segue vías tradicionais coma a recollida de sinaturas (350 na primeira semana) e outras máis tecnolóxicas apoiadas nas redes sociais. De feito, en Facebook* hai un grupo de persoas en contra de converter nun parador o cárcere da Torre ao que en sete días se adheriron 750 membros. A asociación non descarta máis mobilizacións.

* Actualmente o grupo Facebook conta con 801 membros.

Segue adiante o proxecto Galescola + Centro Día

galescola2

No mes de decembro do 2008 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza anunciaba a construción dunha Galescola e un Centro de Día no Barrio de Monte Alto e Eirís.

Onte, a actual conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, colocou a primeira pedra “simbólica” na rúa Oleoducto.

Tentaremos manter ao día a todas e todos as veciñas e veciños do barrio sobor diste asunto.

Por outra banda anunciar que seguimos a buscar apoios prá que o Cárcere da Torre sexa un Centro Cultural Multidisciplinar e serva de apoio á Torre de Hércules prá promocionarse no mundo enteiro como Patrimonio da Humanidade que agora é. Pensamos que o do Centro de Día, posto que xa se vai facer xunto coa galescola, non ten moito sentido metelo no actual proxecto de remodelación do Cárcere máis seguiremos loitando porque se faga.

Gostaríanos coñecer tamén un pouco a opinión das veciñas e dos veciños sobor diste asunto. Por iso podedes facernos chegar os vosos correos a carceretorrecentrocultural@gmail.com

Contra a Campaña da Federación de Asociacións Veciñais

A Coruña, 29 de Outubro do 2009

As Asociacións de Veciños e Veciñas: Agra do Orzan, Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, Oza – Gaiteira – Os Castros, Os Rosais e San Pedro de Visma asinan conxuntamente iste comunicado:

1º Por de manifesto o malestar das citadas Asociacións Veciñais pola campaña posta en marcha pola Federación de Asociacións Veciñais sen ter en conta a opinión dos seus asociados.

2º Por de manifesto que a actuación da Federación de Asociacións Veciñais, ao noso entender, esta rexida claramente por intereses partidistas, actuando dita Federación baixo a influencia dun determinado grupo político, deixando de lado as distintas sensibilidades que a día de hoxe expresa a cidadanía.

3º Por de manifesto que o paso ao fronte dado agora pola Federación, nunca o deu para esixir o cumprimento dunha lei que se estaba a incumprir de xeito irresponsábel por boa parte da clase política dista cidade. E tampouco criticou que se empregaran cartos públicos prá tentar xustificar o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística, e se deixasen de empregar en paliar as carencias da nosa cidade.

4º Vémonos na obriga de lembrarlle á Federación o compromiso adquirido pola súa directiva do emprego da lingua galega de xeito voluntario e consecuente. E facemos un chamamento á Federación e á cidadanía prá defender con dignidade e orgullo a nosa lingua e os nosos sinais de identidade.

As Asociacións Asinantes amósanse así claramente en contra da campaña iniciada pola Federación e do xeito partidista no que se esta a empregar o movemento veciñal prá tentar manter un discurso galegofóbico, apoiando o ideario partidista dun dos grupos maioritarios do Concello da Coruña.

Comunicado da Asociación de Viciñas e Viciños de Monte Alto

A A. VV. DE ATOCHAS-MONTE ALTO-TORRE DE HÉRCULES LANZA UNHA CAMPAÑA SOCIAL DE RECOLLIDA DE SINATURAS E ADHESIÓNS PARA QUE O CÁRCERE DA TORRE SE ADIQUE EN EXCLUSIVA A USOS PÚBLICOS E COMUNITARIOS EN BENEFICIO DE TODA A CIDADE, GARANTINDO QUE O MESMO ALBERGARÁ UN CENTRO XUVENIL MULTIFUNCIONAL PARA A MOCIDADE CORUÑESA.

Por medio da presente a A VV de Monte Alto quere dar a coñecer públicamente o inicio dunha campaña para garantir que as dependencias do antigo Cárcere Provincial da Torre de Hércules serán destinadas a usos exclusivamente públicos e de desfrute comunitario. Neste senso, e en coherencia co defendido históricamente polo movemento veciñal do noso barrio, apostamos por construir nas dependencias penitenciarias un ambicioso centro xuvenil multifuncional que permita a creación, promoción e difusión de expresións lúdicas, artísticas e deportivas da mocidade coruñesa e que, ao mesmo tempo, sexa unha referencia en toda a cidade e en toda Galiza.

Dende a A VV de Monte Alto rexeitamos que o aproveitamento do Cárcere sexa para élites económicas ou culturais e, ao contrario, defendemos un proxecto aberto, participativo e comunitario, no que o entramado social teña voz e un papel relevante. Así mesmo, indicar que o uso defendido pola A. VV. é compatible con calquera outro uso, tamén público, que se queira despregar en apoio da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

A campaña iníciase cunha recollida de sinaturas e continuará, nos vindeiros días, coa remisión ao Alcalde, Primeiro Tenente de Alcalde, Concelleira de Mocidade e Concelleiro de Deportes do proxecto de usos elaborado pola A VV de Monte Alto.

Sen outro particular,

XUNTA DIRECTIVA A. VV. DE MONTE ALTO

A Coruña, 29 de Outubro de 2.009

Hemeroteca

Cárcere 2007

A reforma das Atochas e o Campo da Leña estará lista a finais do 2010

Proxecto Campo da Leña

Fonte: La Voz De Galicia

Rehabilitación peonalizará parte de Panadeiras, eliminará a estatua de Millán Astray e non alterará o túnel

Mario López Rico, concelleiro de Rehabilitación, deu a coñecer onte o proxecto elixido para a reforma dos espazos comprendidos polas prazas de España, Millán Astray, Marqués de San Martín e a costa de San Agustín, cuxa reforma estará lista, se se cumpren as previsións, a final do 2010. Entre as 21 propostas que se presentaron ao concurso de ideas, o xurado seleccionou a asinada por Francisco Peña Pereda e Alejandro Álvarez Blanco , que terán dous meses para redactar o proxecto definitivo.

Segundo indicou López Rico, o xurado valorou especialmente a integración do tráfico de vehículos e peóns, o mantemento de todas as especies arbóreas e a implantación doutras novas, ademais de «a conexión de xeito intelixente dá praza de Millán Astray e a de España», que inclúe a peonalización da parte baixa, no primeiro tramo de Panadeiras. A iso súmase a conservación das topografías existentes e o tratamento dos espazos públicos, que converten a solución de Peña e Álvarez «nunha proposta realista e moi viable economicamente», engadiu o concelleiro. Cun orzamento próximo aos tres millóns de euros para a actuación, o edil sinalou que se refugou realizar grandes obras de infraestrutura, como a prolongación do túnel de María Pita.

Recordou tamén o edil de Rehabilitación que entre as bases do concurso figuraba cumprir coa lei da memoria histórica, de modo que, seguindo a intención xa anunciada polo goberno local, «as obras serán unha boa ocasión para retirar a estatua de Millán Astray».

Ademais da proposta gañadora, as dúas que obtiveron o segundo premio, obra de Salvueiro e Rossel, e o terceiro, de Freire e Vincent, coinciden coa que finalmente se executará na peonalización da parte baixa da praza de España, en Panadeiras.

As obras incluirán a creación dunha rotonda no viario que sae do túnel de María Pita cara a Atocha que quedará parcialmente cuberta a unha cota superior polo denominado miradoiro de San Agustín. Esta nova saída do subterráneo permitirá acceder á zona do mercado e á praza do Concello, e eliminará os coches que agora descenden fronte ao cuartel de Atocha cara a San Jorge. Desta forma, a praza de España e a de Millán Astray quedarán unidas por un paseo peonil.

A asociación veciñal de Monte Alto denuncia ante a Fiscalía as obras da rampla do Matadoiro

· Fonte: A Voz De Galiza

A Asociación de Vecinos de Monte Alto decidiu nunha asemblea celebrada onte denunciar ante a Fiscalía as obras de construción da nova rampla de acceso á praia do Matadoiro. Aseguran que os traballos, a pesar das correccións realizadas no proxecto, continúa incumprindo a Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras de Galicia. Para iso, remitiralle un informe que trata o asunto de forma minuciosa.

O presidente en funcións do colectivo veciñal, José Ucha Calvo, indicou que non pode entender os intereses dá a Demarcación de Costas, dependente do Ministerio de Fomento, da consellería de Medio Rural e Mariño, de permitir a execución das obras facendo caso omiso ao legalmente establecido para a execución deste tipo de proxectos.

«Servilismo»

Ucha Calvo tamén foi moi critico cos técnicos da concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña. Asegura que non fan nada para facer cumprir a lei, a pesar de que cobran algo máis de 60.000 euros en concepto de supervisión das obras nesta praia coruñesa, subliñou.

O portavoz dos veciños de Monte Alto asegurou que a Federación de Asociacións de Vecinos intentou silenciar aos representantes deste barrio, e que avalan a actuación municipal. Tachan á presidente da Federación de comportarse cun total servilismo cara á concellaría de Medio Ambiente.