FESTAS MONTE ALTO 2008
Estamos no ano 2008 despois de Xesucristo. Toda Coruña está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irreductibles galegos resíste aínda e decote ó invasor.
Por iso o vindeiro día 6 de setembro no Campo de Marte teremos unha festa chea de música, comida, bebida, xogos tradicionáis, deportes, obradoiros e cultura popular.
Dende a Asociación de Veciños de Monte Alto tamén queremos dar as gracias a toda esa xente da LSO Atochas polo traballo que están a facer.
Quedades todos convidados as Festas do Barrio de Monte Alto 2008.
Moi pronto neste blogue poremos o cartaz e o programa definitivo. Estade atentos.
