Boletín A Rúa Outubro 2008

Boletín A Rúa Outubro 2008

A partir de agora os veciños do barrio de Monte Alto poderán consultar o boletín da Asociación Veciñal a través do noso blogue. Unha iniciativa que tenta achegar, dunha maneira eficaz e moderna, toda a información das nosas actividades e as nosas loitas á xente que traballa e vive nas nosas rúas.

Para poder velo só tedes que clicar enriba de onde pon “Boletín A Rúa Outubro 2008“. Teredes unha sección de boletíns en “Páxinas especiais“. Para gardar o documento debedes por o rato enriba de “Boletín A Rúa Outubro 2008“, clicar o botón dereito e, no menú que aparece, clicar onde pon “Guardar destino como…

Comentarios

Agora as nosas noticias se escoitan

Agora as noticias do noso blogue tamén poden ser escoitadas. Iste sistema permitirá as persoas con discapacidades visuais acceder mellor aos contidos da nosa páxina.

Agardamos que sexa do voso agrado.

Comentarios

“Por un Nadal en galego”

Os 28 Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da cidade participan na campaña “Por un Nadal en galego”

Os nenos e nenas da Coruña enviarán máis de tres mil cartas en galego aos Reis Magos. Esta é unha campaña do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística.

Máis de tres mil nenos e nenas da Coruña van escribir as súas cartas aos Reis Magos en galego, grazas a unha campaña que foi distribuida desde a Concellaira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a todos os centros de ensino público da cidade.

A campaña, que está destinada a nenos de entre catro e sete anos, inclúe ademais da carta aos reis magos, unidades didácticas e guías para mestres e para pais e nais.

As guías e unidades didácticas teñen como obxectivo, ademais de fomentar o uso do galego, orientar os cativos para que a elaboración da carta sexa un proceso creativo e imaxinativo, e vaia máis alá dunha enumeración de agasallos sinalando nun catálogo, tendo en conta valores como o consumo responsábel ou o respecto ao medio ambiente. Tamén se promove a utilización de xogos colectivos e non sexistas, así como na recuperación de tradicións galegas vinculadas co Nadal.

As unidades didácticas conteñen seis actividades entre as que podemos atopar quebracabezas, actividades de relacionar obxectos, coloreado de debuxos, comprensión oral e escrita, todas elas relacionadas coa tradición da noite de reis.

Desde a Concellaría de Mocidade agradecemos a boa acollida que estes materiais tiveron entre o profesorado de infantil e primaria.

Comentarios

Presentación

Venres 19 ás 11:15 no Parque Carlos Casares da Coruña (detrás da antiga Cárcere Provincial) presentación dos proxectos de galescolas e centros de día de Eirís e MONTE ALTO coa asistencia do Vicepresidente da Xunta e outros cargos institucionais.

Máis de 5 millóns de euros de investimento en estes centros socio - educativos na cidade da Coruña.

+ Información: Comeza a construcción da galescola (30/11/2008)

Comentarios

Obradoiro Musical

O vindeiro sábado 20 de decembro, ás 11.30 horas, no local da Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Biblioteca Pública Campo de Marte S/N) haberá obradoiro de música tradicional galega. 12 prazas dispoñibles. Cumplimentar folla de inscrición no local da Asociación de Veciños/as ata o venres ás 20.00 horas.

Comentarios

Cine en Galego

O vindeiro sábado 20 de decembro, ás 17.00 horas, no local da Asociación de Veciños/as Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Biblioteca Pública Campo de Marte S/N) teremos cine en galego para os cativos do noso barrio. Será totalmente gratuíto.

Comentarios

Contacontos

Contacontos infantil este sábado 13 de decembro, ás 11:30 horas, no local da Asociación de Veciñ@s Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules. Será gratuíto.

Comentarios

Encontro de Corais

Este sábado 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Igrexa Parroquial de Santo Tomás, haberá un encontro de corais. Estades tod@s convidad@s. Será gratuíto.

Comentarios

Charla-Coloquio

Hoxe, Venres 12 de Decembro, charla-coloquio na Asociación de Veciños/as de Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules ás 20:00 horas sobre as ferramentas nacionalistas para afrontar a crise.

Comentarios

Charla do filólogo Heitor Mera

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves terá lugar unha charla do filólogo Heitor Mera sobre as dificultades do uso do galego na leitura da tese sobre Bernardino Graña na UNED. Contaremos tamén coa presencia do proprio Bernardino Graña.

Ás 20:30 h, no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º). A entrada é libre.

Comentarios

Next Entries &raqu · « Previous Entries